Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 21 de Octubre de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES
21 Setembro 2020

GUSTACHE A FOTOGRAFÍA?
COÑECES O TEU POBO?
TES ENTRE 8 E 18 ANOS?
ANÍMATE, PRESENTA A TÚA FOTO
PODERÁS FORMA PARTE DO CALENDARIO MUNICIPAL 2021
+ PREMIO DA CATEGORÍA

Prazo: Do 21 de setembro ao 21 de outubro.
Envío: de xeito electrónico a concursofotografia@concellodeares.com
Categorías: de 8 a 12 anos e de 13 a 18 anos.

Información e dúbidas: na OMIX (Edificio Alianza Aresana, Rúa María 11, Ares) ou no teléfono: 981 448 057.

BASES IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES
O obxectivo deste concurso e convidar a xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, despertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequeñas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento cunha memoria colectiva deste pobo. En concreto, invitamos a fotografar espazos, lugares, obxectos, festas e eventos representativos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade.

QUEN PODE PARTICIPAR?
Pode participar xente nova de 8 a 18 anos, empadroada en Ares ou alumnado do CPI As Mirandas.

CALES SON AS CATEGORÍAS?
CATEGORÍA A: De 8 a 12 anos.
CATEGORÍA B: De 13 a 18 anos.

PRAZOS E LUGAR DE ENTREGA
A recepción das obras participantes farase a través do correo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com

O prazo de presentación será: Do 21 de setembro ata o 21 de outubro ambos inclusives.

COMO PARTICIPAR?
Poderase mandar un máximo de dúas fotografías por participante e achegar os seguintes datos no correo electrónico que se envíe:

ASUNTO: CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES
AUTOR E OBRAS: Formularios de solicitude de participación (1) e de identificación das fotografías (2) cubertos, asinados e escaneados. Poderá descargar formularios na páxina web do concello www.concellodeares.com. No caso de que nas fotografías aparezan terceiras persoas deberá achegar escaneada tamén a autorización de imaxe asinada por elas.

CARACTERÍSTICAS DAS FOTOGRAFÍAS
-Todas as fotografías deben conter os datos mencionados no parágrafo anterior.
-So serán admitidas as fotografías en formato dixital e non estará permitido editalas ou melloralas.
-As fotografías deben ter entre 6 e 12 Megapixels, en formato JPEG ou JPG.
-As fotografías non poden conter imaxes violentas, degradantes ou ataques directos a individuos ou organizacións. Calquera fotografía considerada ofensiva será descalificada.
-As fotografías non deben infrinxir os dereitos de terceiros.
-As fotografías deben ser orixinais,tomadas ao longo do 2020 e non publicadas con anterioridade, así como non ter sido presentadas noutros concursos.

RESOLUCIÓN DE PARTICIPANTES GAÑADORES E PREMIO
-O xurado designado pola Concellaría de Cultura, avaliará as fotografías recibidas en base ao adecuado seguimento das bases, a creatividade, a orixinalidade da obra e a representatividade do pobo.
-Elixiranse un total de 6 fotos (3 de cada categoría agás excepción motivada do xurado).

PREMIOS:
A- As fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario do concello 2021, que se reparte por todo o municipio, identificando aos autores daquelas.

B-Categoría A- 1º PREMIO- Unha tablet
2º PREMIO- Un lote de libros

Categoría B- 1ºPREMIO- Unha cámara de fotos
2º PREMIO- Unha tablet
3º PREMIO- Un lote de libro

CONDICIÓNS XERAIS
-As persoas participantes no concurso deberán enviar as súas fotos con toda a documentación requerida, en caso contrario no serán admitidas.
-No momento de enviar as fotos, as persoas participantes conceden de xeito gratuito o dereito de usar as fotos de calquera xeito e en calquera medio, incluíndo o dereito sen limitación, de publicar, distribuir, modificar, adaptar e amosar publicamente dito contido.
-O Concello de Ares non asume ninguna responsabilidade por calquera retraso ou perda no envío das fotos.
-As persoas participantes aceptan as bases polo mero feito de participar.

BASES en pdf


FORMULARIO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN en pdf
AUTORIZACIÓN DE IMAXES TERCEIROS en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares