Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 21 de Octubre de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS, ESCOLAS CULTURAIS CONVENIADAS e OUTRAS ACTIVIDADES
10 Octubre 2020

ESCOLAS CULTURAIS 2020-21

- MÚSICA (desde os 6 anos) ESCOLA CONVENIADA LAURA MORGADE
Na aula de Cultura na Rua Zamborela
Lúns de 16:30h a 18:30h
Máximo 8 alumnos
Taxa: 11,85 €

- PINTURA INFANTIL (desde os 6 anos)
Na aula de Cultura na Rua Zamborela
Xoves de 16:30h a 18:00h
Máximo 8 alumnos
Taxa: 8,88 €

- BAILE MODERNO INFANTIL: COMP-ARTE ESCOLA CONVENIADA
Na pista ou aula pavillón municipal
De 4 a 9 anos : mércores de 16:30 a 17:30
De 10 a 14 anos : mércores de 17:45 a 19:15 / De 15 a 18 anos : mércores de 19:30 a 21:00
Máximo 8 alumnos
Taxa: 13,35 €

- BAILE LATINO ADULTOS
Na pista ou aula pavillón municipal
Xoves s de 21:00h a 22:30h
Máximo 8 alumnos
Taxa: 13,35 €

- PINTURA ADULTOS
Na aula do Lago
Venres de 16:30h a 19:30h
Máximo 8 alumnos
Taxa: 22,23 €

- MECANOGRAFÍA (+9 anos)
Na Casa da Xuventude
Martes de 17:30h a 18:30h
Máximo 8 alumnos
Taxa: 8,88 €

NORMAS FUNCIONAMENTO

Todas as cuestións relacionadas co funcionamento das Escolas (suxestións, queixas…) tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnica/os Municipais da área correspondente a través do teléfono, correo electrónico ou cita previa.
 
Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia prevista.

No caso de non acharse ben ou ter febre non deberán acudir ás actividades, avisando de tal circunstancia no telefono do pavillón 981468562.
 
As/os usuarios/as do Ximnasio Municipal disporán dun carné que permitirá o acceso á sala e que se amosará na conserxería do Pavillón antes do acceso ao recinto.
 
O abono das mensualidades efectuarase por domiciliación bancaria (os recibos emitiranse entre o 1 e o 10 de cada mes) ou por transferencia bancaria na conta de ABANCA ES75 2080 0211 6131 1000 0055. As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática na Escola. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa nunha escola haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso, para evitar problemas ca xestión dos pagamentos. Por esa razón, as devolucións dos recibos supoñen un custe que será aboado polo/a usuario/a que o xenerara.
 
Aqueles usuarios/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha escola do curso anterior, deberán efectuar o seu pago. O incumprimento desta norma anula o dereito a inscrición na presente edición.

As escolas interrompirán o seu funcionamento nos períodos de vacacións escolares así como nas datas sinaladas no calendario como festivas.
 
É responsabilidade de cada usuario/a a aptitude física necesaria para participar nas actividades convocadas, polo que o Concello de Ares non se fará cargo de ningún dano físico ou moral que poida derivarse da participación nas mesmas.
 
O Concello resérvase o dereito de anular unha actividade por non ter o número suficiente de participantes ( estímarase un mínimo según a actividade e o espazo da mesma) para que dea comezo e/ou continúe unha Escola) e de facer todas as modificacións que estime oportunas, para o bo funcionamento das mesmas.
 
Para máis información e inscricións vistar a web www.concellodeares.com ou contactar a través do correo electrónico: cultura@concellodeares.com / pavillonares@sedega.com

INSCRICIÓNS

ESCOLAS CULTURAIS 2020-2021: Do 2 de novembro ao 31 de maio de 2021.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN: En liña a través da web municipal do Concello de Ares.
WEB: www.concellodeares.com
EMPADROAD@S: Do 10 ao 20 de outubro.
NON EMPADROAD@S: sempre que haxa prazas disponibeis. Do 21 ao 25 de outubro.
As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición.

PAGO DE MATRÍCULA E MENSUALIDADE:
Unha vez sexa confirmada a praza polo Servizo de Cultura.
DO 1 A0 10 DE CADA MES.

DOCUMENTOS:
Formulario de inscrición en liña, documentación que se solicite.

PREZO DE MATRICULA:
9,57 € empadroad@s en Ares
17,93 € non empadroad@s
As persoas que estiveran inscritas e cos pagamentos ao día, nalgunha das Escolas Culturais no pasado mes de marzo, non pagarán a matrícula

DESCONTOS E EXENCIÓNS DE COTAS:
3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar; 50% na matrícula + 50% na cuota da escola de menor importe.
Familia numerosa: 50% na matrícula + 50% en todas as escolas.
Familias carentes de recursos económicos (previa comprobación polos Servizos Sociais municipais) De balde

FORMULARIO DE INSCRICIÓN:
https://forms.gle/NcSrxJ1LC7N5ErCf8
DO 10 AO 20 DE OUTUBRO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA EMPADROADAS/OS


DIPTICO en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares