Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 02 de Decembro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
PEL REACTIVA

SENDARES 2020

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
Solicitude de axudas PEL-REACTIVA
05 Novembro 2020

Descrición

O procedemento de "Solicitude de axudas PEL-REACTIVA" ten por obxecto xestionar e controlar as axudas solicitadas por persoas autónomas e microempresas para paliar o impacto económico e social ocasionado polo COVID-19, convocadas no marco do programa do FONDO DE FINANCIAMIENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA DESTINADO Aos CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES (PEL-Reactiva), do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña. (Ver Bases) BASES en pdf

A presentación de solicitudes farase exclusivamente a través da Sede electrónica do Concello.

Quen pode solicitalo

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

-Grupo I: Que se viron afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

-Grupo II: Que non se viron afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 viuse reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para acreditala a redución os ingresos, a valoración levará a cabo tendo en conta o período de actividade.

-Grupo III: Que se viron obrigados a acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo:
Para os efectos destas Bases, para a consideración de microempresa atenderase ao indicado no Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) L 187, do 26 de xuño de 2014, segundo o cal a categoría de microempresa está constituída por aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de €.

Requisitos das persoas beneficiarias

Con carácter xeral, os beneficiarios/as das axudas, deberán cumprir cos seguintes requisitos:
-Ter o seu domicilio fiscal no municipio adherido a PEL-REACTIVA ao que presenta a solicitude.
-Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
-Estar ao corrente no cumprimento dos seus deberes tributarios coa AEAT e coa TGSS.
-Non ter débeda algunha co concello.
-Estar ao dia no cumprimento das obrigacións tributarias coa CC. AA. de Galicia e coa Deputación da Coruña.
-Cumprir cos deberes previstos na Base 14.
Requisitos específicos das persoas físicas
Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo.

Requisitos específicos das persoas xurídicas

A data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición, no rexistro público correspondente, debe ser anterior á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo.

Exclusións

Quedan expresamente excluídas destas axudas as asociacións, as comunidades de propietarios en réxime de propiedade horizontal, as administracións públicas, organismos públicos, entes dependentes, as congregacións e institucións relixiosas, as Unións Temporais de Empresas, as comunidades de bens, as herdanzas yacentes así como as sociedades civís sen personalidade xurídica propia e demais entidades

Como e onde realizar o trámite

De forma telemática a través do botón “Instancia xeral” o día seguinte da publicación do Extracto da convocatoria no Boletín Oficial Provincial, con data limite o día 25/11/2020 as 14:00h

Acceso a sede electrónica: https://ares.sedelectronica.es

Documentación

-Solicitude de axudas PEL-REACTIVA Descarga Aquí
-NIF/ NIE ou CIF segundo corresponda (só se o presentador difire do interesado).
-Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigacións. Descarga Aquí
- Modelo normalizado de designación de conta bancaria Descarga Aquí
-Certificado actualizado de Situación Censual da Axencia Estatal Tributaria.
-Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesourería xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores/ as.
-Beneficiarios do Grupo II: Acreditación da redución de ingresos desde os seis meses previos á declaración do estado de alarma e ata a data de presentación da solicitude da axuda, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaracións de IVE/IVE, IRPF.
-Beneficiarios do Grupo III: Documento acreditativo da situación de ERTE.

Normativa

* Regulamento (UE) n.º 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro). (1)

* Regulamento (UE) n.º 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro). (1)

* Regulamento (UE) 2019/316 da Comisión do 21 de febreiro de 2019 polo que se modifica o Regulamento (UE) n.º 1408/2013 relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola. (1)

* Regulamento (UE) n.º 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño). (1)

* (1) Deberá terse en conta as Comunicacións da Comisión Europea sobre Marco Temporal relativo ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual brote de COVID-19: (2020/ C 91 I/01 C/2020/1863) (DOUE C 91I do 20.3.2020), e modificacións do 3/04/2020, publicada no DOUE C 112I de o04/04/2020), e do 12/05/2020, publicada no DOUE C 164 do 13/05/2020.

* Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación provincial da Coruña.

* Lei 7/1985, do 2 de Abril, reguladora das Bases do Réxime Local.

* Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

* Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

* Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e o seu Regulamento de Desenvolvemento aprobado por RD 887/2006, de 21 de Julio

* Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

* Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público. * Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

* Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.


ANUNCIO NO BOP en pdf
BASES en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares