Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de xuño de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DEPORTIVAS VERANEAres 2021

ACTIVIDADES 2021 CULTURAIS VERANEAres

XIV CONCURSO DE PINTURA  MANUEL REBÓN 2021

CAMPUS DE VERÁN DE FÚTBOL FUNDACIÓN CELTA BY  CABREIROÁ 2021

Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “ConciliAres”
07 xuño 2021

SERVIZO DE CONCILIACIÓN DO CONCELLO DE ARES PARA XULLO E AGOSTO de 2021

INTRODUCIÓN:

Galicia é un referente nas actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre que se programan, de xeito maioritario, durante os meses de verán. Prográmanse centos de actividades ao longo do noso territorio co obxectivo de ofrecer un recurso de educación no tempo libre para os nenos/as e mozos/as, e de conciliación para as familias galegas durante a época estival.

Este ano, a crise sanitaria provocada polo COVID-19 supuxo que o Goberno central declarase o estado de alarma dende o 14 de marzo de 2020, o que implicou unha restrición na circulación das persoas, a suspensión de clases presenciais ou as actividades de tempo libre en xeral, polo que os nenos e nenas viron limitadas as súas opcións de ocio e educación non formal. Así mesmo, a progresiva volta ao traballo presencial, fai necesario contemplar e valorar a oportunidade de ofrecer recursos de conciliación, como é esta actividade.

Realizaránse actividades adaptadas e extremando as precaucións e normas hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades competentes, nas que se reforce o recomendable distanciamento físico (1,5 metros, sempre que sexa posible, non hai que esquecer que son nenxs), nas que se empreguen os materiais de proteción individual cando ese distanciamento non sexa posible, e se traballe en grupos de participantes máis reducidos, sen perder o carácter educativo, interactivo e de participación polo que se caracterizan. Estableceráse tamén un compromiso conxunto entre os organizadores da propia actividade, as familias e os propios participantes para que o desenvolvemento das actividades se poidan realizar coas máximas garantías posibles.

Qué é este Servizo?

O Servizo de “Conciliares ” é unha actividade de eido lúdico-educativa, onde os nenos e nenas poderán realizar actividades adaptadas e divertidas á vez que aprenden e se desenvolven, axudando así tamén ás familias a conciliar a súa vida laboral e familiar.

Este servizo, lévase a cabo dende a Concellaría de Servizos Sociais, seguindo unha rigorosa orde de seleción segundo os criterios de acceso ( páxina 5 ), e donde teñen preferencia os casos de emerxencia social e aquelas familias nas que ámbolos proxenitores traballen. Para atender axeitadamente cada caso, este programa conta con dúas persoas coordinadoras, unha Diplomada en Educación Social e Educadora Familiar, e outra Mestra Especialista de Educación Infantil.

Ademais, para unha correcta labor do servizo contaremos con:

- Varios educadores (segundo a normativa vixente o esixa) coa cualificación necesaria para exercer a labor. Ademais, tendo en conta a situación, estes estarán formados en medidas de actuación fronte o Covid-19
- Un/unha limpadorx-coordinadora covid-19, que estará pendente en todo momento da hixienización dos espazos donde se leven a cabo as actividades, e avisaría ás autoridades pertinentes se houbese algún posible caso de covid.

PRAZO DE SOLICITUDE :

O prazo para presentar a solicitude comezará o luns 7 de xuño de 2021 e rematará o venres 18 de xuño de 2021 ( incluído).

Anotación: As solicitudes que vaian a ser entregadas na Biblioteca Municipal serán entregadas do 7 ao 14 de xuño en horario de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e do 15 ao 18 de xuño de 09:00h a 14:00h.


BASES en pdf
ANEXOS en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares