Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de xuño de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DEPORTIVAS VERANEAres 2021

ACTIVIDADES 2021 CULTURAIS VERANEAres

XIV CONCURSO DE PINTURA  MANUEL REBÓN 2021

CAMPUS DE VERÁN DE FÚTBOL FUNDACIÓN CELTA BY  CABREIROÁ 2021

Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
ACTIVIDADES DEPORTIVAS VERANEAres 2021
11 xuño 2021

VeraneARES DEPORTIVOS: CAMPAMENTO DEPORTIVO URBÁN, TENIS DE MESA,VOLEI PRAIA E XOGOS DEPORTIVOS

- As actividades, os lugares e os días de impartición serán os que seguen:

o CAMPAMENTO DEPORTIVO URBÁN: De luns a venres, de 10:30 a 13:30h. no pavillón deportivo municipal e espazos exteriores da vila ( parques, prazas, praia). Para nenas e nenos de 5 a 12 anos. Disporanse 25 prazas.
o VOLEIPRAIA: martes, mércores e xoves de 11 a 13h na zona de volei praia ao carón da Rampa Grande. Para rapazada de 12 anos en adiante. Disporanse 12 prazas.
o TENIS DE MESA: martes, mércores e xoves de 11 a 13h no pavillón deportivo. Para maiores de 6 anos. Disporanse 12 prazas.
o XOGOS DEPORTIVOS NAS PARROQUIAS: Para nenas e nenos que cumpran 4 anos no ano en curso
- CERVÁS: martes e xoves de 11 a 13h. na pista do CIRS de Cervás. CHANTEIRO: luns e mércores de 11 a 13h. na pista do CCOuteiro de Chanteiro. En ambas sedes disporanse 12 prazas.

- Catro quendas ou quincenas: A primeira quenda do 1 ao 15 de xullo, a segunda quenda do 16 ao 30 de xullo, a terceira do 2 ao 16 de agosto, e a cuarta do 17 ao 31 de agosto. Existe a posibilidade no momento da inscrición, de apuntarse a un mes completo, previo pago por adiantado do importe. Non se reservarán inscricións dunha quincena para a outra, sendo preciso inscribirse formalmente nos períodos dispostos. As familias numerosas terán 50% en todas as inscricións (Descontos non acumulables).
- Prezo (volei praia, tenis de mesa, xogos deportivos nas parroquias): 12,61€ (quincena) ou 17,32 ( mes completo).
- Prezo (Campamentos Deportivos): Por quincena: 30,63 € (empadroados) 51,05 (non empadroados). Por mes: 56,16€ ( empadroados) 97€ non empadroados. No caso dos campamentos cada participante recibirá cadansúa mochila e gorra.
- Inscricións, por rigurosa orde de entrada de correo, ata esgotar as prazas ofertadas, da forma que segue:
o Empadroad@s, ou nen@s con titores empadroad@s: Do 10 ao 21 de xuño.
o Resto: Do 22 de xuño en adiante.
En ambos casos a través do correo electrónico pavillonares@sedega.com. (descargar o impreso de solicitude na web www.concellodeares.com no banner VeraneARES DEPORTIVOS)
- Procedemento de pago: Unha vez confirmada a disponibilidade de praza, haberá un período de pagamento que será efectuado por transferencia bancaria nun número de conta destinado ao efecto que comunicaráselle xunto ca aceptación da solicitude de participación. IMPORTANTE: Indicar no concepto do ingreso: O nome do participante, quenda ou mes no que vai a asistir, e actividade na que tomará parte.
- No caso de que os participantes cheguen por libre á actividade ou marchen eles sós, deberán comunicalo previamente ós responsabeis no momento da inscrición, cubrindo unha autorización ó efecto. Nos demáis casos a persoa que leve ou recolla ós nenos identificarase ós monitores.
- Equipo e material recomendado: equipamento deportivo adecuado según a actividade escollida. Auga ( envase personalizado co nome do participante). Protección solar. No caso do campamento urbán aconséllase incluir unha peza de froita ou un bocatin para tomar a media mañá, así como toallla e outros uteis de baño cando os monitores o indiquen.
- Máis información na web municipal www.concellodeares.com., no banner VeraneARES DEPORTIVOS.

ACTIVIDADE FÍSICA VERÁN 2021:

ACTIVIDADE FÍSICA PARA ADULTOS:

- Do 1 de xullo ao 31 de agosto: Os martes, mércores, xoves e venres, de 9,15 a 10,15, no Parque Rosalía ( en caso de que na xornada esté a chover a esa hora realizarase no pavillón).
- Grupo de ata 20 persoas. Inscrición previa mediante envío de solicitude de participación.
- Catro quendas ou quincenas: A primeira quenda do 1 ao 15 de xullo, a segunda quenda do 16 ao 30 de xullo, a terceira do 2 ao 16 de agosto, e a cuarta do 17 ao 31 de agosto. Existe a posibilidade no momento da inscrición, de apuntarse a un mes completo, previo pago por adiantado do importe. Non se reservarán inscricións dunha quincena para a outra, sendo preciso inscribirse formalmente nos períodos dispostos.
- Prezo: 14,50€ ( quincena) ou 20,31€ ( mes completo). As familias numerosas terán 50% en todas as inscricións (Descontos non acumulables).
- Inscricións, por rigurosa orde de entrada de correo, ata esgotar as prazas, da forma que segue:
o Empadroad@s: Do 10 ao 21 de xuño.
o Resto: Do 22 de xuño en adiante.

En ambos casos a través do correo electrónico pavillonares@sedega.com.
(descargar o impreso de solicitude na web www.concellodeares.com no banner VeraneARES DEPORTIVOS)

- Unha vez confirmada a disponibilidade de praza, haberá un período de pagamento que será efectuado por transferencia bancaria nun número de conta destinado ao efecto que comunicaráselle xunto ca aceptación da solicitude de participación. IMPORTANTE: Indicar no concepto do ingreso: O nome do participante, quenda ou mes no que vai a asistir, e actividade na que tomará parte.
- Equipo e material recomendado: equipamento deportivo adecuado. Protección solar.
- Máis información na web municipal www.concellodeares.com, no banner VeraneARES DEPORTIVOS.

ZUMBA-ARES:
- Ven, e móvete con nós!. DE BALDE.
- Todos os xoves durante os meses de xullo e de agosto, de 20,30 a 21,30, na Praza da Constitución.
- Grupo de ata 50 persoas. Inscricións por xornada, mediante solicitude de participación, ata as 11 h do día anterior á actividade, chamando ao teléfono 981448057 ( de luns a venres de 9 a 13 horas)

BAILES LATINOS:
- Ven, e móvete con nós!. DE BALDE.
- Todos os martes durante os meses de xullo e de agosto, de 20,30 a 21,30, na Praza da Constitución.
- Grupo de ata 50 persoas. Inscricións por xornada, mediante solicitude de participación, ata as 11 h do día anterior á actividade, chamando ao teléfono 981448057 (de luns a venres de 9 a 13 horas)

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS:

- Xogade coma antes, pero xogade sempre!. Zancos, ra, aros, petanca, canicas, peóns, chapa, corda,........DE BALDE.
- No CIRS DE CERVÁS: O sábado 17 de xullo, entre as 12 e as 13,30h. Na pista deportiva.
- No CCOUTEIRO DE CHANTEIRO: O sábado 24 de xullo, entre as 12 e as 13,30h. Na pista deportiva.
- En ARES: O sábado 31 de xullo, entre as 12 e as 13,30h. Na Praza da Constitución.
- En REDES: O sábado 14 de agosto, entre as 12 e as 13,30h. Na Praza do Pedregal
- Grupos de ata 25 persoas. Inscricións por xornada, mediante solicitude de participación, ata as 11 h do día anterior á actividade, chamando ao teléfono 981448057 (de luns a venres de 9 a 13 horas)

NOTA.- No caso de que se produzan novidades en termos de aforos e participación nas actividades tanto en exterior coma en interior, adaptaranse as actividades ás novas situacións.

VeraneARES DEPORTIVOS 2021 CONCELLO DE ARES
CURSOS E ACTIVIDADES NAS SOCIEDADES DE ARES NOS MESES DE XULLO E AGOSTO:

• CURSOS DE KAIAK E PADDLE SURF NO MARÍTIMO DE REDES:
o Escola de verán nenos kaiak e paddle surf recreativo ( clases de 2h, luns e mércores)
o Cursos para adultos de iniciación ou perfeccionamento en kaiak e paddle surf.
o Actividades para grupos en augas tranquilas.
o Rutas guiadas polas Fragas do Eume, Illas Mirandas e ensenada de Ares.
o CONTACTO: kayakmaritimoderedes@gmail.com
o Teléf.620851861
o Facebook e Instagram Kayak Redes.
o www.caamouco.net

o ESCOLA DE ATLETISMO PAULA MAYOBRE:
o Atletismo divertido para todos!. Martes e xoves de 11 a 12h.
o CONTACTO: escuelapaulamayobre@gmail.com
o Teléf.659258308.
o Facebook Escola de atletismo Paula Mayobre

• CURSOS DE VELA LIXEIRA E CRUCEIRO NO CLUB NAÚTICO RÍA DE ARES:
o Cursos de luns a venres en quendas de mañá ou de tarde
( horarios de 10 a 14h e de 16 a 20h).
o CONTACTO: secretaria@nauticoares.com
o Teléf.981468787.
o Facebook Club Nautico Ría de Ares.
o www.nauticoares.com

• XULLO:

• BAUTISMOS DE VELA: Os venres días 9 e 30 de xullo, de 10,30 a 13,30h. nas instalacións do C.Naútico Ría de Ares, levaranse a cabo “bautismos de vela para aquelas persoas que desexen experimentar o que é a navegación á vela. Límite de 10 prazas máximo. Para todas as idades, adultos e rapaces. Imprescindible saber nadar.
• O 17 DE XULLO: XI Regata Comodoro Luís Pérez Celada:
• DO 19 AO 23 DE XULLO, CAMPUS DE FUTBOL DA FUNDACIÓN R.CLUB CELTA DE VIGO: Para nen@s de 4 a 16 anos. De 9,30 a 14h.En Prados Vellos, polas mañás.Máis información e inscricións en www.rccelta.es
• O 23 E 24 DE XULLO, REGATA CONCENTRACIÓN DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS PORTO DE REDES. En Redes.
• O 24 E 25 DE XULLO: SENDEIRISMO POR ASTURIAS E LEÓN: Programa de fin de semana de sendeirismo para un grupo de ata 20 persoas, maiores de 16 anos, por terras asturianas e leonesas, ca realización de dúas rutas na xornada do sábado e do domingo, a cargo da Compañía de Guías da Cordilleira Cantábrica, que inclúe viaxe en bus con saída dende Ares o día 24 ás 5h da mañá, ruta do primeiro día “Travesía del Puerto de La Cubilla a Tuiza de Arriba”,e pernocta en Pola de Lena, e o domingo 25 a ruta “ Camino de San Salvador de León a Pajares- Asturias.”, regresando na noite do domingo a Ares.
• O 31 DE XULLO: XIII CONCENTRACIÓN DE VELA TRADICIONAL DE ARES-MEMORIAL J.ANTONIO ZARATE

• AGOSTO:

• BAUTISMOS DE VELA: Os venres días 13 e 27 de agosto, de 10,30 a 13,30h. nas instalacións do C.Naútico Ría de Ares, levaranse a cabo “bautismos de vela para aquelas persoas que desexen experimentar o que é a navegación á vela. Límite de 10 prazas máximo. Para todas as idades, adultos e rapaces. Imprescindible saber nadar.
• O 7 DE AGOSTO: XXVIII CONCURSO DE PESCA DEPORTIVA XVIII MEMORIAL LOLO DO OUTEIRO, NO CENTRO CULTURAL OUTEIRO DE CHANTEIRO.
• O 7 E 8 DE AGOSTO: XXXIV REGATA MULTICLASE G.GABEIRAS-MEMORIAL CARLOS AGUILAR:
• DO 9 AO 13 DE AGOSTO: XIII CAMPUS DE BALONCESTO CHIQUIBASQUET: Para rapaces de 5 a 18 anos. De 10 a 13,30h. No pavillón deportivo municipal, polas mañás. Inscricións ata o 6 de agosto. Máis información en chiquibasquet.wordpress.com. Teléf. 676408520.
• O 20, 21 E 22 DE AGOSTO: IX TROFEO GOLFO ARTABRO DE VELA.
• O SÁBADO 28 DE AGOSTO: REGATA LIGA ACT DE REMO EUSKOLABEL.


FORMULARIO INSCRICIÓN en pdf
FOLLETO en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares