Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Octubre de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO ALUMNADO –TRABALLADOR DO PROXECTO DE OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA VIII” PROMOVIDO POLOS CONCELLOS DE MUGARDOS, ARES, CABANAS E FENE
11 Octubre 2021

1.- Obxecto da convocatoria, normas xerais e principios de actuación

O obradoiro dual de emprego “REINICIA VIII” confírese como un programa mixto de emprego e formación que ten como finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten ao alumnado participante a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co devandito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Este obradoiro está cofinanciado pola Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR353A), publicada no DOG núm. 3, do 3 de febreiro de 2021 e promovido polos concellos de Mugardos, Ares, Cabanas e Fene .

Respéctanse polo tanto o establecido na Resolución de concesión da subvención, de data 09/09/2021, e co número de expediente 15/0028/2021, e a Circular número 6/2021, de data 15/06/2021, sobre Instrucións en relación co procedemento de selección do persoal directivo, docente e de apoio así como do alumnado-traballador dos Programas de emprego para as persoas mozas e obradoiros duais de emprego.

As especialidades a impartir son as seguintes:

SSCS0108: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (nivel 2), con 10 alumnos/as- traballadores/as
AGAR0309: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (nivel 1), con 10 alumnos/as- traballadores/as

O obradoiro terá unha duración de 9 meses e formará 20 alumnos/as-traballadores/as coa seguinte distribución por concellos tal e como figura no “Convenio de colaboración para o Obradoiro dual de emprego dos Concellos de Mugardos, Ares, Fene e Cabanas” asinado en data 23 de febreiro de 2021:

 Concello de Mugardos: 4 alumnos/as
 Concello de Ares: 5 alumnos/as
 Concello de Fene: 9 alumnos/as
 Concello de Cabanas: 2 alumnos/as

Para a xestión e desenvolvemento do obradoiro contratarase ao seguinte persoal:

• Un/unha director/a (xornada completa)
• Un/unha docente para impartir o certificado de profesionalidade de (SSCS0108)
ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO (xornada completa)
• Un/Unha docente para impartir o certificado de profesionalidade de (AGAR0309) ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES ( xornada completa)
• Un /Unha docente de ensino básico (50% de xornada)
• Un/Unha docente de formación empresarial (50% da xornada)
• Un/Unha auxiliar administrativo (50% da xornada)

A selección do alumnado –traballador participante no proxecto que se vai a poñer en funcionamento será realizada pola entidade promotora mediante un procedemento específico atendendo ás prioridades do proxecto, aos itinerarios formativos e a criterios de igualdade e obxectividade.

O órgano de selección do proceso actuará sempre de acordo as principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración, eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, igualdade e non discriminación.

Así mesmo, as ditas actuacións cumprirán cos requisitos mínimos e cos criterios de preferencia establecidos nas correspondentes ordes de convocatoria e demais instrucións.


BASES en pdf

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares