- Rapazada de 12 a 17 anos (Poderán tomar parte só os nen@s con 12 anos ou que cumpran no 2019)
- ACTIVIDADES: PADELSURF, VOLEI, KAIAK, SNORKEL, BTT, PÁDEL, BRAZILIAN JIU-JITSU, ATLETISMO, DANZA URBANA.
- 30 prazas por quincena. Catro quendas.
1ª: 1 ao 15 de xullo, 2ª: 16 ao 31 de xullo, 3ª: 1 ao 16 de agosto, 4ª: 19 ao 30 de agosto.
Existe a posibilidade no momento da inscrición, de apuntarse a máis dunha quincena previo pago por adiantado do importe. Non se reservarán inscricións dunha quincena para a outra, sendo preciso inscribirse formalmente nos períodos dispostos.
- Inscricións, por rigurosa orde de solicitude, ata esgotar as prazas, cos seguintes prazos:
• Empadroad@s, ou nen@s con pais/nais empadroad@s: Do 30 de maio ao 10 de xuño.
No pavillón deportivo municipal: L – V de 9,30 a 12,30h e de 16,30 a 20,30h.
• Non empadroad@s: Do 12 de xuño en adiante.
A través do correo electrónico pavillonares@sedega.com. Pago por transferencia bancaria
- Prezos: 35€/quenda empadroad@s e 70€/quenda non empadroad@s. No caso de inscrición para dúas quendas: 65€/quenda empadroad@s e 130€/quenda non empadroad@s. Os pagos poderán facerse no pavillón municipal, en efectivo, no caso de empadroad@s, ou por transferencia ó número de conta ABANCA ES75 20800211613110000055 os non empadroad@s . Familias numerosas 50% en todas as inscricións (Descontos non acumulables). IMPORTANTE: Indicar no concepto do ingreso: O nome do participante, quendas que vai a asistir e “Xuventude activa”. Cada rapaz/a recibirá unha licra deportiva .
- De 11 a 13,30h. na zona acordada según a actividade do día/grupo. No caso de que os participantes cheguen por libre á xornada ou marchen eles sós, deberán comunicalo previamente ós responsabeis no momento da inscrición no campamento, cubrindo unha autorización ó efecto. Nos demáis casos a persoa que leve ou recolla ós nenos identificarase ós monitores.
- Equipo e material recomendado: equipamento deportivo: pantalón curto, suadeira, camiseta, calcetíns, zapatillas de deporte, chanclas, toalla, traxe de neopreno se o tivera. Tentempé saudable, recoméndase froita ou minibocata. Protección solar.
- Nas actividades dispomos do material (agás bicicleta de montaña e pala de padel, aínda que no caso de que alguén non dispoña dese material poderiamos emprestarllo)
- Para información e inscrición: Pavillón Deportivo Municipal, luns a venres de 9:30 a 13:00 horas, e de 16,30 a 20h. Tel. 981468562 ou www.concellodeares.com.