RECEPCIÓN DE OBRAS: C.I.R.S. de Cervas. Desde o 3 ao 12 de Setembro.
EXPOSICIÓN: C.I.R.S. de Cervas do 15 ao 28 de Setembro.
FALLO DO XURADO: 13 de Setembro.
CLAUSURA EXPOSICIÓN/ENTREGA DE PREMIOS: C.I.R.S. de Cervas o 28 de Setembro ás 19 h.
ORGANIZA: CONCELLO DE ARES
COLABORA: C.I.R.S. DE CERVAS
Para residentes no Estado Español de acordó coas seguintes bases:
1- Os/as concursantes serán maiores de 18 anos e poderán concursar cun máximo dunha obra, única e orixinal que se axustará as seguintes normas:
TEMA: Libre
TÉCNICA: Oleos e acrÃlicos
TAMAÑO Maximo: 110 x 110 cm., incluÃndo o marco.
2- As obras deberán estar enmarcadas ou acondicionadas para a súa exposición. Non se admitirán as obras protexidas por cristal ou PVC.
3- As pinturas entregaranse no local Social C.I.R.S. de Cervás (Ares) desde o 3 ao 12 de Setembro , ambos incluidos, en horaro de luns a venres de 19 a 21 h. Sábados e Domingos de 12 a 14 h e de 19 a 21 h.
4- As obras presentadas deberán vir asinadas co nome do autor/a, figurandona parte de atrás o nome completo, o enderezo, o número de teléfono, o número do DNI,
A data de execución do cadro, o titulo e acompañarase fotocopia do DNI. i e-mail se o tivera.
5- A retirada de cadros farase persoalmente polo autor/a ou por persoa autorizada, durante 15 dÃas a partir da finalización da exposición:pasado o devandito prazo, enténdese que renuncia a calquera dereito sobre eles. O sábado 1 de Outubro será a clausura e a entrega de premios.
6- As obras pasarán unha selección previa antes de ser admitidas definitivamente. Desta selección farase cargo un xurado cualificado.
7- Os premios serán os seguintes:
1º Premio…………………………………….1.200 €
Premio o mellor pintor local……………500 €
Haberá tamén 2 accesits.
(Aos premios aplicaráselles a retención fiscal correspondente según a lexislación vixente nese momento)
8- Os premios serán en metálico e non poderán dividirse pero si declararse desertos.
9- Os cadros premiados quedarán en poder do Concello de Ares, e pasarán a formar parte do patrimonio cultural do mesmo, podendo reproducilos e difundilos con enteira liberdade
10- O Concello porá todo o seu coidado no tratamento das obas presentadas. Nembargantes non responderá de perdas, danos ou extravÃos debidos a roubos, roturas, desperfectos ou causa de forza maior, ou calquera outro caso ou causa allea á súa vontade.
11- Os premios fallaranse o vernes 13 de Setembro, por un xurado composto por persoas vinculadas co mundo da cultura, Se a cantidade de obras finalistas fora moi numerosa, farase unha selección posterior para a exposición por motivos de espazo expositivo.
A exposición das obras quedará aaberta a partir do Domingo 15 de Setembro ás 13:00 h. no C.I.R.S. de Cervás.
A clausura da exposición e a entrega de premios terá lugar no C.I.R.S. de Cervás, o 28 de Setembro ás 19 h.
12- O ditame do Xurado será inapelable e darase a conocer na apertura da exposición que a tal efecto organizará ó Concello de Ares. @s concursantes polo feito de concursar, aceptan as presentes bases.
NOTAS:
Enténdese por pintor local, os empadroados na actualidade neste Concello. Ningún concursante poderá acadar máis dun premio.
Non poderán presentarse ó concurso os agraciados cos premios en metálico do ano anterior. Si os accésit.