Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 20 de Agosto de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
II ARES INDIANO 2019

ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
XIII CONCURSO DE PINTURA MANUEL REBÓN 2019 CONCELLO DE ARES
03 Setembro 2019

RECEPCIÓN DE OBRAS: C.I.R.S. de Cervas. Desde o 3 ao 12 de Setembro.

EXPOSICIÓN: C.I.R.S. de Cervas do 15 ao 28 de Setembro.

FALLO DO XURADO: 13 de Setembro.

CLAUSURA EXPOSICIÓN/ENTREGA DE PREMIOS: C.I.R.S. de Cervas o 28 de Setembro ás 19 h.

ORGANIZA: CONCELLO DE ARES
COLABORA: C.I.R.S. DE CERVAS

Para residentes no Estado Español de acordó coas seguintes bases:

1- Os/as concursantes serán maiores de 18 anos e poderán concursar cun máximo dunha obra, única e orixinal que se axustará as seguintes normas:
TEMA: Libre
TÉCNICA: Oleos e acrílicos
TAMAÑO Maximo: 110 x 110 cm., incluíndo o marco.

2- As obras deberán estar enmarcadas ou acondicionadas para a súa exposición. Non se admitirán as obras protexidas por cristal ou PVC.

3- As pinturas entregaranse no local Social C.I.R.S. de Cervás (Ares) desde o 3 ao 12 de Setembro , ambos incluidos, en horaro de luns a venres de 19 a 21 h. Sábados e Domingos de 12 a 14 h e de 19 a 21 h.

4- As obras presentadas deberán vir asinadas co nome do autor/a, figurandona parte de atrás o nome completo, o enderezo, o número de teléfono, o número do DNI,

A data de execución do cadro, o titulo e acompañarase fotocopia do DNI. i e-mail se o tivera.

5- A retirada de cadros farase persoalmente polo autor/a ou por persoa autorizada, durante 15 días a partir da finalización da exposición:pasado o devandito prazo, enténdese que renuncia a calquera dereito sobre eles. O sábado 1 de Outubro será a clausura e a entrega de premios.

6- As obras pasarán unha selección previa antes de ser admitidas definitivamente. Desta selección farase cargo un xurado cualificado.

7- Os premios serán os seguintes:
1º Premio…………………………………….1.200 €
Premio o mellor pintor local……………500 €
Haberá tamén 2 accesits.
(Aos premios aplicaráselles a retención fiscal correspondente según a lexislación vixente nese momento)

8- Os premios serán en metálico e non poderán dividirse pero si declararse desertos.

9- Os cadros premiados quedarán en poder do Concello de Ares, e pasarán a formar parte do patrimonio cultural do mesmo, podendo reproducilos e difundilos con enteira liberdade

10- O Concello porá todo o seu coidado no tratamento das obas presentadas. Nembargantes non responderá de perdas, danos ou extravíos debidos a roubos, roturas, desperfectos ou causa de forza maior, ou calquera outro caso ou causa allea á súa vontade.

11- Os premios fallaranse o vernes 13 de Setembro, por un xurado composto por persoas vinculadas co mundo da cultura, Se a cantidade de obras finalistas fora moi numerosa, farase unha selección posterior para a exposición por motivos de espazo expositivo.

A exposición das obras quedará aaberta a partir do Domingo 15 de Setembro ás 13:00 h. no C.I.R.S. de Cervás.

A clausura da exposición e a entrega de premios terá lugar no C.I.R.S. de Cervás, o 28 de Setembro ás 19 h.

12- O ditame do Xurado será inapelable e darase a conocer na apertura da exposición que a tal efecto organizará ó Concello de Ares. @s concursantes polo feito de concursar, aceptan as presentes bases.

NOTAS:
Enténdese por pintor local, os empadroados na actualidade neste Concello. Ningún concursante poderá acadar máis dun premio.

Non poderán presentarse ó concurso os agraciados cos premios en metálico do ano anterior. Si os accésit.



Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares