Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 19 de Agosto de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAgosto
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Vive Ares 2018

ARES INDIANO 2018

VERANEARES 2018

ARES DENDE O MAR: RUTAS TURISTICAS EN BARCO

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares presenta a Novena Edición do campus de verán de fútbol do Celta De Vigo
14 Maio 2018 14:13
O Concello de Ares presenta a Novena Edición do  campus de verán de fútbol do Celta De VigoO Concello de Ares presenta a Novena Edición do  campus de verán de fútbol do Celta De VigoO Concello de Ares presenta a Novena Edición do  campus de verán de fútbol do Celta De Vigo
A iniciativa desenvolverase ENTRE OS DÍAS 16 E 20 DO MES DE XULLO , en horario matinal, e está pensada para nenos e nenas entre os 4 e os 16 anos de idade

Un ano máis o Celta de Vigo, e o Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, presentaron o Campus de Fútbol de Verán que a Fundación Celta de Vigo levará a cabo o próximo mes de xullo no campo municipal de Prados Vellos.

Os nenos e nenas de 4 a 16 anos son os destinatarios desta iniciativa que xa nas edicións anteriores obtivo un importante éxito de participación e que nesta ocasión desenvolverase entre os días 16 e 20 de xullo, en horario matinal, de 10 a 14h. No caso da xornada de clausura a celebrar o venres, día 20 de xullo, os participantes xantarán todos xuntos e xa polo serán haberá unha xornada de portas abertas co gallo de que os familiares e amigos dos cursillistas accedan ao Campus e participen nel.

Cada participante recibirá unha equipación completa de adestramento Adidas, do Celta de Vigo ( camiseta, pantalón e calcetíns), e poderá disfrutar durante cinco días dos monitores que o Celta disporá para os adestramentos, ca intención de mellorar o seu nivel futbolístico e convivir con outros nenos e nenas da súa idade, dunha forma sa, activa e educativa. Igualmente cada nena ou neno recibirá un tentempé a media mañá.

Na presentación, os organizadores explicaron a metodoloxía de adestramento, de forma que en cada xornada as/os nenos dividiranse en grupos reducidos cos monitores, procedentes do club olívico e con ampla experiencia na formación deportiva, realizando diversas tarefas e propostas nas que combinar a aprendizaxe dos aspectos técnicos-tácticos, sen perder de vista o carácter lúdico das actividades.

O prezo é de 130 euros para o público en xeral, establecéndose descontos para diversas categorías, que poderán consultarse na dirección www.fundacioncelta.com, onde tamén deberase formalizar a inscrición. No caso dos empadroados/as en Ares, ou xogadores das categorías inferiores do Numancia, aboados do Celta de Vigo e/ou a Fundación o prezo é de 115 euros. Ademáis, as inscricións feitas ata o día 31 de maio, recibirán como agasallo unha segunda camiseta de adestramento Adidas a maiores.

Na presentación celebrada esta mañá no consistorio aresán, estiveron presentes a edila de Deportes, Alma Barrón, o Presidente da Fundación do Celta de Vigo, Germán Arteta acompañado de representantes deportivos do club olívico, o Presidente da Directiva do Numancia ADR, así como o Delegado da Federación Galega de Fútbol en Ferrol Manuel Mesa, colaboradores todos eles nesta edición do Campus, e que servíu para dar conta de todos estes detalles, ademáis de subliñar o obxectivo principal da iniciativa que, tal e como sinalaron os seus responsables, pretende achegar os valores do deporte á sociedade, tales como a superación, o traballo en equipo, o compañeirismo ou a creatividade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares