Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 22 de Octubre de 2018
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2018
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES 2018

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Presentación da VI edición do “Campus para porteiros Diego Rivas - Concello de Ares"
14 Maio 2018 15:05
Presentación da VI edición do “Campus para porteiros Diego Rivas - Concello de AresPresentación da VI edición do “Campus para porteiros Diego Rivas - Concello de Ares
O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, informa de que esta mañá, ás 13h na Casa da Xuventude, presentouse a VI edición do “Campus para porteiros Diego Rivas - Concello de Ares”, que desenvolverase os días 4, 5, 6 e 7 de xullo, no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.

O Campus estará dirixido polo porteiro Diego Rivas, na actualidade gardamallas profesional do Lleida Esportiu, e cunha traxectoria en equipos profesionais españois como o RC Deportivo de A Coruña, CD Lugo, Elxe CF, SD Eibar, CD Tenerife e Albacete BP, entre outros. É ademáis Diplomado en Maxisterio ca especialidade de Ed. Física e Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Será quen coordine un grupo de traballo composto por porteiros de fútbol e adestradores de porteiros cunha contrastada experiencia.

Este campus deportivo, adicado de forma específica aos porteir@s de fútbol, vai dirixido aos rapaces de 6 a 16 anos, dividíndoos a súa vez dunha forma didáctica e pedagóxica en tres grupos: iniciación (de 6 a 9 anos), formación (de 10 a 13 anos) e consolidación (de 14 a 16 anos).

Dado o interese pola calidade como elemento diferenciador no desenvolvemento do Campus, haberá 50 prazas, que cubriranse por rigurosa orde de inscrición. O prazo para inscribirense estará aberto apartir do martes 15 de maio, ata rematar as prazas previstas, puidendo facer a inscrición durante ese período pola seguintes canles:

a.- Descargando o formulario a través da web do evento en campus.diegorivas.es . (Unha vez cubertos os datos do alumn@ e preciso adxuntar o xustificante de pago do campus e enviar todo ao enderezo electrónico campus@diegorivas.es)

b.- Recollendo a folla de inscrición no pavillón deportivo municipal do Concello de Ares e entregándoa alí mesmo, puidendo facer o pago en ventanilla.

O prezo de inscripción é de 90 € (70 € para os empadroad@s en Ares ou xogadores das categorías inferiores do Numancia de Ares ADR, así como para 2 ou máis incripcións por unidade familiar), e inclúe:

- Equipación de porteiro consistente en guantes, pantalón pirata, camiseta ou suadoiro e manguitos.
- Tentempé diario a media mañá, consistente nun minibocata, auga, e lácteo ou zumo de fruta e bebida isotónica.
- Xantar do venres 6 de xullo e posteriores xogos na praia de Ares ( padelsurf, kaiak e volei praia).
- Diploma acreditativo.
- Sorteo de diferentes agasallos donados polos patrocinadores.

O campus estructurarase da forma que segue:

MÉRCORES 4:
10h. Presentación e reparto de equipacións.
10,30h. Comezo dos adestramentos nos diferentes grupos de idades.
12h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.
12,20h.Reanudación dos adestramentos.
13,15h. Posta en común de alumn@s e profesores.
13,30h. Remate. Ducha.

XOVES 5:
10h. Distribución nos grupos e comezo do adestramento.
10,30h. Comezo dos adestramentos nos diferentes grupos de idades.
12h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.
12,20h.Reanudación dos adestramentos.
13,15h. Posta en común de alumn@s e profesores.
13,30h. Remate. Ducha.

VENRES 6:
10h. Distribución nos grupos e comezo do adestramento.
10,30h. Comezo dos adestramentos nos diferentes grupos de idades.
12h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.
12,20h.Reanudación dos adestramentos.
13,15h. Posta en común de alumn@s e profesores.
13,30h. Remate. Ducha.
14,30h. Xantar de alumn@s e profesores.
15,30h. Xogos na Praia ata as 18h.
18,30h Ducha e recollida ás19h no campo de fútbol de Prados Vellos.

SÁBADO 7:
10h. Distribución nos grupos e comezo do adestramento..
11,30h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.
11.50h Batalla de porteiros.
13h. Clausura do Campus polo Alcalde do Concello de Ares e a Concelleira de Deportes, ca entrega de Diplomas e sorteo de agasallos entre os alumn@s.

Esta VI edición do Campus Diego Rivas-Concello de Ares, contará coa colaboración de diferentes entidades e empresas, que fan posible o nacemento desta iniciativa deportiva que tratará de aportar o seu gran de area ao proceso de formación dos xoves futbolistas que gustan de ser porteiros, abordando dun xeito multilateral, a especificidade e especialización que a figura de gardamallas ten no contexto do fútbol actual, sempre dende unha vertente educativa.

MÁIS INFORMACIÓN EN campus.diegorivas.es. E tamén nos teléfonos 981468562 - 626164399 (de luns a venres de 9 a 13 e de 16,30 a 22h; sábados de 10 a 13 horas)
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares