Presentación da VII edición do “Campus para porteiros Diego Rivas - Concello de Ares"
O Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, informa de que esta mañá, ás 13h no Concello , presentouse a VII edición do “Campus para porteiros Diego Rivas-Concello de Ares”, que desenvolverase os días 2, 3, 4, 5 e 6 de xullo, no campo de fútbol municipal de Prados Vellos.
O Campus estará dirixido polo porteiro Diego Rivas, na actualidade gardamallas profesional do Racing de Ferrol SAD, e cunha traxectoria en equipos profesionais españois como o RC Deportivo de A Coruña, CD Lugo, Elxe CF, SD Eibar, CD Tenerife, Albacete BP, Lleida, entre outros. É ademáis Diplomado en Maxisterio ca especialidade de Ed. Física e Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Será quen coordine un grupo de traballo composto por porteiros de fútbol e adestradores de porteiros cunha contrastada experiencia.
Este campus deportivo, adicado de forma específica aos porteir@s de fútbol, vai dirixido aos rapaces de 6 a 16 anos, dividíndoos a súa vez dunha forma didáctica e pedagóxica en tres grupos: iniciación ( de 6 a 9 anos), formación ( de 10 a 13 anos) e consolidación ( de 14 a 16 anos).
Dado o interese pola calidade como elemento diferenciador no desenvolvemento do Campus, haberá 50 prazas, que cubriranse por rigurosa orde de inscrición. O prazo para inscribirense estará aberto do 15 ao 18 de maio, ambos incluídos, para empadroad@s no concello de Ares, e de o 20 de maio en adiante ata esgotar as prazas para o resto. A inscrición poderase facer polas seguintes canles:
a. Entre o 15 e o 18 de maio, ambos inclusive, aqueles nen@s empadroados en Ares poderán inscribirse únicamente no pavillón municipal do Concello de Ares. Alí recolleran a folla de inscrición puidendo facer o pago en ventanilla ou ben remitindo o xustificante de pago mediante transferencia bancaria ao enderezo electrónico campus@diegorivas.es.
b. A partir do 20 de maio, poderán inscribirense todos os demáis nen@s descargando o formulario a través da web do evento en www.campus.diegorivas.es . (Unha vez cubertos os datos do alumn@ é preciso adxuntar o xustificante de pago do campus e enviar todo ao enderezo electrónico campus@diegorivas.es).
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
• Porteiros/as das categorías inferiores do Numancia de Ares ADR: 35€.
• Nen@s empadronados en Ares: 69€
• Nen@s de familia numerosa, así como 2 ou máis inscricións por unidade familiar: 69€ (necesario xustificante de familia numerosa ou libro de familia).
• Resto de participantes: 99€.
No prezo de inscrición inclúese:
• Equipación de porteiro consistente en guantes, 2 camisetas e 2 pares de manguitos.
• Tentempé diario a media mañá, consistente nun minibocata, auga, e lácteo ou zumo de fruta e bebida isotónica.
• Xornada náutico-deportiva na praia de Ares (padelsurf, kaiak e volei praia).
• Diploma acreditativo.
• Sorteo de diferentes agasallos donados polos patrocinadores.
O campus estructurase da forma que segue:
MARTES 2:
10h. Presentación e reparto de equipacións.
10,30h. Comezo dos adestramentos nos diferentes grupos de idades.
12h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.
12,20h. Reanudación dos adestramentos.
13,15h. Posta en común de alumn@s e profesores.
13,30h. Remate. Ducha.
MÉRCORES 3:
10h. Distribución nos grupos e comezo do adestramento.
10,30h. Comezo dos adestramentos nos diferentes grupos de idades.
12h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.
12,20h. Reanudación dos adestramentos.
13,15h. Posta en común de alumn@s e profesores.
13,30h. Remate. Ducha.
XOVES 4:
10 h. Chegada ao campo de fútbol de Prados Vellos.
10-11h. Charla técnico-lúdica a cargo de Diego Rivas, sobre a posición de porteiro nun equipo de fútbol na actualidade. Repaso en vídeo das acción técnico-tácticas dun gardamallas.
11,15h. Baixada ata o Naútico de Ares para desfrutar dunha xornada naútico deportiva ata as 13,15h.
13,15h Ducha e recollida no Naútico de Ares.
VENRES 5:
10h. Distribución nos grupos e comezo do adestramento.
10,30h. Comezo dos adestramentos nos diferentes grupos de idades.
12h. Parada FROIZ consistente nun tentempé.
12,20h. Reanudación dos adestramentos.
13,15h. Posta en común de alumn@s e profesores.
13,30h. Remate. Ducha.
SÁBADO 6:
10,30h. Distribución nos grupos e comezo da BATALLA DE PORTEIROS 2019.
12,30h. Clausura do Campus polo Alcalde do Concello de Ares e a Concelleira de Deportes, ca entrega de Diplomas e sorteo de agasallos entre os alumn@s.
Esta VII edición do Campus Diego Rivas-Concello de Ares, contará coa colaboración de diferentes entidades e empresas, que fan posible o nacemento desta iniciativa deportiva que tratará de aportar o seu gran de area ao proceso de formación dos xoves futbolistas que gustan de ser porteiros, abordando dun xeito multilateral, a especificidade e especialización que a figura de gardamallas ten no contexto do fútbol actual, sempre dende unha vertente educativa.
MÁIS INFORMACIÓN EN
WEB E tamén nos teléfonos 981468562- 626164399 (de luns a venres de 9 a 12,30 e de 16,30 a 20,30h; sábados de 10,30 a 13 horas)