Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 23 de xullo de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello conforma a nova composición organizativa co reparto das competencias
28 xuño 2019 10:52
O Pleno extraordinario celebrado onte no Consistorio –o primeiro tras a sesión constitutiva do 15 de xuño cos novos representantes da corporación saínte das eleccións- deu conta da nova estrutura organizativa do Concello para o vixente mandato, que estará composta polos sete edís socialistas e incorpora ao concelleiro de NAL, Luis Cendán.

O propio Iglesias, ademais de asumir as funcións propias da alcaldía, continuará xestionando directamente os servizos de Facenda e Contas.

María Victoria Montenegro Paz, presente no goberno municipal desde a primeira lexislatura socialista, seguirá ao fronte das áreas de Benestar Social e Igualdade, encargándose das materias relacionadas con Saúde e Sanidade pública, protección e atención de menores, Rede Infantil “Galiña Azul”, conciliación, Mañás de Lecer, protección e asistencia á muller, CIM, terceira idade, dependencia, servizos sociais, axudas de emerxencia, actividades, coloquios, charlas ou simposiums dirixidas á menores, muller e terceira idade.

Outro edil que repite lexislatura, José Juan Vilar Rico, seguirá con Obras, Servizos Municipais e Seguridade; áreas que inclúen a xestión da Policía local, Protección civil, obras ordinarias, recollida de residuos sólidos urbans, limpeza viaria e de espazos municipais ou públicos, mantemento de espazos e de vías públicas, alumeado público, rede de sumidoiros e augas residuais en baixa, dos cauces e lavadoiros públicos e do abastecemento, ou coidado e mantemento de zonas verdes, parques infantís e xardíns, entre outras.

Olimpia Marcos García continuará dirixindo as áreas de Urbanismo, Equipamentos, Infraestruturas e Medio Ambiente, con competencias en cuestión de xestión e disciplina urbanística, ordes de execución, expedientes de ruina, licenzas urbanísticas e de primeira ocupación, ocupación do dominio público (excepto terrazas), plans-programas de inversións locais e obras municipais, expropiacións, prevención de incendios, limpeza de fincas, puntos limpos ou vertedoiros.

Alma Barrón Ferro seguirá ao fronte da área de Cultura (encargándose dos festexos, organización de actividades culturais, colaboración con entidades culturais, biblioteca, exposicións ou axencia de lectura), asumindo como nova a de Emprego (obradoiros de emprego e contratación de persoal), e deixando Deportes nas mans de Noelia Montero Candal, que ademais será a responsable de Educación, TICS e Mocidade; que comprenden competicións, organización de actividades deportivas, colaboración con entidades deportivas, colaboración cós Centros de Ensino ou con actividades escolares e extraescolares, Aula Cemit, información xuvenil, Casa da Xuventude e Local de Ensaio.

En canto ás novas caras do PSOE, ademais de Montero, está Lucía Blanco García, que será a responsable de Turismo, Patrimonio, Emprendemento e Mobilidade; con atribucións en materia de xestión de recursos turísticos, patrimonio, inventario, calificacións, desafectacións, adquisicións, enaxenacións, disfrute e aproveitamento de bens municipais ou de xestión municipal, mercados, mercadillos, comercio, hostalería, industria, terrazas e mobilidade.

En canto ao concelleiro de NAL Luis Cendán, continuará formando parte do goberno municipal e manterá as áreas de Plans e Persoal, asumindo atribucións de seguimento de instrumentos de ordenación, así como de xestión do persoal municipal.

O novo goberno municipal contará con tres dedicacións exclusivas (que se corresponden coas áreas de Urbanismo, Benestar Social e Turismo); e unha parcial, a da concelleira delegada de Deportes e Educación. Pola súa parte, o alcalde continuará sen cobrar salario polo seu cargo. En canto ás tenencias de Alcaldía, Alma Barrón ostentará a primeira, a segunda, Olimpia Marcos, a terceira Luis Cendán e José Juan Vilar a cuarta.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares