Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 23 de xullo de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Cine na rúa, citas gastronómicas ou solidarias centran as actividades da fin de semana en Ares
04 xullo 2019 07:56
Como ven sendo habitual durante todo o ano o calendario en Ares está repleto de citas, que se incrementan notablemente nos meses de verán, e que ofrecen unha ampla variedade de alternativas para o disfrute de todos os públicos nas datas de máis calor.

Proba desta intensa actividade estival son as iniciativas programadas para esta fin de semana, tanto organizadas polo Concello como polas distintas entidades, que contan para o seu desenvolvemento co municipio aresán como escenario.

A primeira delas será mañá venres, día 5, cunha sesión de cine ao aire libre, concretamente na Praza de Constitución, onde terá lugar a proxección do filme de animación Gisaku a partir das 22.30 horas.

Tamén mañá tocaralle a quenda a outra actividade, neste caso un concerto da Unidade de música do Tercio Norte no Mosteiro de Santa Catalina, organizado pola asociación impulsora do cenobio. A actuación dará comezo ás 20.00 horas.

O sábado 6 contará cunha axenda completa de eventos, tendo os gastronómicos un papel destacado, como o que se levará a cabo no Paseo Marítimo coa celebración dunha churrascada organizada polo Casino Aresano a partir das 20.00 horas. Á mesma hora terá lugar no CIRS de Cervás unha sardiñada amenizada polo dúo Boreal. Na mesma liña de festexos populares, a Agrupación Instructiva de Caamouco organiza unha sardiñada acompañada pola música de Maina Materia e que contará coa exposición dos traballos da sociedade. O inicio será a partir das 19.00 horas.

Tamén nesta xornada a Asociación Bimares ten prevista unha andaina con saída de Chanteiro para percorrer os sendeiros da costa e chegar ao mesmo lugar, no que os participantes desfrutarán dunha cea.

Unha das actividades máis sinaladas do sábado terá como protagonista a cuarta edición da Noite Blanca, organizada por Ares Solidario, diante do bar o Gaiteiro, desde as 10.00 horas. Como cada ano, a entidade impulsa con fins benéficos esta iniciativa que agrupa música, degustacións e diversión ao carón da praia.

Xa o domingo día 7 tocaralle o turno a outra relevante actividade deportiva, a XXI Ruta BTT Entre dúas Rías 2019, organizada polo Club Pulpeiros BTT, coa colaboración dos Concellos de Ares e Mugardos, polos que transcorre o seu percorrido. A saída será ás 9.30 horas do pavillón deportivo de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares