Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 20 de Agosto de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAgosto
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
II ARES INDIANO 2019

ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Conclúe o Obradoiro de Emprego “Reinicia V” dos Concellos de Ares, Fene, Cabanas, Neda e Mugardos
29 xullo 2019 12:25
Conclúe o Obradoiro de Emprego “Reinicia V” dos Concellos de Ares, Fene, Cabanas, Neda e MugardosConclúe o Obradoiro de Emprego “Reinicia V” dos Concellos de Ares, Fene, Cabanas, Neda e Mugardos
Hoxe tivo lugar na Alianza Aresana o acto de clausura do Obradoiro de Emprego Reinicia V, coa entrega de diplomas aos 20 alumnos que formaron parte do programa, e a presenza de representanción da Xunta e dos cinco Concellos participantes

A Alianza Aresana acolleu esta mañá o acto de clasura e entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego Reinicia V, tras nove meses de formación teórica e práctica dos alumnos que formaron parte desta iniciativa que comezou o pasado 1 de setembro e se deu por finalizada hoxe.

O obradoiro Reinicia V foi un programa mixto de emprego e formación dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social, promovido polo Concello de Ares e conveniado cos concellos de Fene, Cabanas, Neda e Mugardos.

O programa contou cun total de 20 alumnos, dez na especialidade de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio e outros dez na de Traballos de carpintaría e moble, que participaron nas accións formativas teóricas e prácticas que se impartiron. A éstes, hai que engadir as 7 persoas integrantes do equipo directivo e o profesorado que se encargou da dirección, docencia e tarefas administrativas ao longo dos nove meses de duración do obradoiro.

En total, o investivento ascendeu a 360.768,85 euros, o que permitiu aboar os salarios dos alumnos e alumnas, e o equipo directivo e docente, e posibilitou a execución de distintas actuacións nos municipios implicados.

No acto de clausura celebrado esta mañá, que contou coa presenza do xefe do servizo
de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Javier Campa García, e representantes dos cinco Concellos participantes, todas as autoridades coincidiron na importancia deste tipo de proxectos para impulsar a formación, a inserción laboral e a cooperación entre as administracións locais.

Neste sentido, a concelleira aresá de Emprego, Alma Barrón, insistiu en que iniciativas deste tipo son as que precisan as persoas xa que teñen como obxectivos fomentar unha formación remunerada e facilitar o acceso ao mundo laboral, ademais da importancia de traballar conxuntamente e fortalecer a dinámica de colaboración entre concellos.

Neste caso, o Obradoiro de Emprego Reinicia V, ademais da formación teórica básica e complementaria que recibiu a alumnado, tamén serviu para desenvolver distintas actuacións relacionadas cos módulos de aprendizaxe, como diversos traballos de desmontaxe e substitución de parte da carpintería exterior das plantas baixa e primeira no mosteiro de Santa Catalina en Ares; a realización da carpintaría exterior no edificio posterior da escola laica en Cabanas; ou a reposición de material de carpintaría en centros de ensinanza e elementos urbanos no Concello de Fene, entre outras.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares