Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 26 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ENTROIDO 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello informa das próximas inversións en abastecemento e equipamentos
24 Xaneiro 2020 11:13
O Concello de Ares executará neste exercicio varios proxectos de obras, con inversións coas que o equipo de goberno local mantén a súa aposta por reforzar e mellorar a rede de abastecemento no municipio e continuar na liña de dotación de equipamentos e infraestruturas tanto no núcleo urbano como nas parroquias.

O alcalde de Ares vén realizando xestións para acadar o apoio técnico e financeiro do Organismo hidráulico da Xunta para poder prestar de xeito eficaz os servizos de abastecemento. Neste sentido, os diversos encontros entre ambas administracións permitiron articular as medidas conxuntas coas que se dotará ao municipio de infraestruturas adecuadas, a través dun plan que suporá a renovación de instalacións deficientes, que por falta de dimensionamento non soportan a demanda actual.

Ademais da renovación das tuberías do núcleo urbano que acometerá o Concello o plan de actuacións para a mellora do abastecemento contempla a dotación de novos depósitos en Simou, para o cal o Consistorio xa negociou a compra dos terreos que se porán a disposición da administración autonómica, e outras que supoñen intervencións fóra do término municipal para garantir o caudal e presión suficientes, concretamente na entrada desde Fene, que xa contan co compromiso entre o Concello, Augas de Galicia e a Diputación.

Para poder lograr este obxectivo primordial, o Concello comezará próximamente varias obras de mellora en distintos puntos do núcleo urbano, que se engaden ás realizadas ata o momento. Unha das seguintes obras será na rúa María, concretamente no tramo comprendido entre o cruce de Casa Litos ata o cruce coa rúa Xuncal, que dispoñen dun orzamento de 145.500,71 euros procedentes do POS+2019. Ademais da renovación das infraestruturas de abastecemento, a actuación comprende a creación de rede separativa de saneamento, así como a renovación dos pavimentos.

Outra das intervencións inmediatas que se inclúen dentro do plan integral de renovación promovido polo executivo local é a de mellora do abastecemento nas rúas María (desde o Hostal ao Mazote), Real (das Alianzas ata o Mazote) e San José (desde a rúa Os Anxos ata a rúa María), cun investimento de 77.316,29 euros, que serán executadas con cargo ao POS adicional. Tamén os fondos provinciais complementarios do 2019 permitirán a renovación da tubaxe de alcantarillado nos Castros, cun presuposto de 68.257,57 €. Trátase da substitución do actual colector de augas fecais, de formigón, por outro novo en PVC e de maior diámetro, e a renovación dos pavimentos afectados.

As actuacións, que se irán completando polo núcleo urbano a través do POS 2020, están centradas na substitución das antigas tubaxes de conducción de fibrocemento por outras novas de polietileno, reforzando o servizo de subministro de xeito que os veciños poidan ter auga en cantidade e calidade suficiente para satisfacer a súa demanda.

En canto ás obras promovidas goberno local dentro do POS+2020 inclúese un proxecto para a mellora da rede de abastecemento nas rúas María, Real, Cupido e Estrela (139.955,67 €), e outro para o mesmo propósito nas rúas dos Anxos, rúa da Franxa e rúa Rodríguez Castelao (131.175,86 €).

En ambos casos acometerase a mellora do servizo coa renovación dos tramos sinalados, mediante a sustitución das tuberías, arquetas, execución das acometidas nas vivendas e reposición do firme, xunto cos demais elementos necesarios para o funcionamento da nova rede.

Dentro dos equipamentos, tamén dentro da liña de financiamento do POS+2020, o executivo local promoveu o proxecto para a execución dun aparcadoiro anexo ás vivendas de Cortiñas Gil, valorado en 116.850,36 euros. Trátase de ampliar a área de estacionamento construida polo Concello nos aledaños da Casa Reitoral, cun novo equipamento público nun lugar céntrico da vila chamando a resolver os problemas de aparcamento.

A intervención servirá para ampliar o espazo existente en 36 novas prazas útiles ata completar un total de 87. Os traballos consistirán no acondicionamento do terreo coa construcción das áreas de aparcamento e os viais de circulación, ademais dos traballos de xardinaría e sinalización propios e permitirá dar uniformidade ao conxunto con acabado en losa céspede e dotación de luminarias.

Ademais a propia edificación da Antiga Reitoral será obxecto doutra importante intervención de rehabilitación exterior, dentro do POS+2019, que suporá un investimento de 113.933,73 €. A actuación comprende a renovación dos elementos da envolvente do edificio tales como a cuberta, a fachada, carpintaría e instalacións, que permititán asegurar a supervivencia do inmoble e o seu futuro uso para fins comunitarios.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares