Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 14 de xullo de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxullo
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
BANDO: Debido ás diferentes normas que regulan o Estado de Alarma, se PROHIBEN AS LUMEIRADAS DE SAN XOAN NAS PRAIAS DO CONCELLO DE ARES
12 xuño 2020 13:01
BANDO: Debido ás diferentes normas que regulan o Estado de Alarma, se PROHIBEN AS LUMEIRADAS DE SAN XOAN NAS PRAIAS DO CONCELLO DE ARESBANDO: Debido ás diferentes normas que regulan o Estado de Alarma, se PROHIBEN AS LUMEIRADAS DE SAN XOAN NAS PRAIAS DO CONCELLO DE ARES
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES FAI SABER:

Que, estando próxima a celebración da noite de San Xoán, coas tradicionais fogueiras, e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1o do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, os Concellos poderán intervir a actividade dos seus administrados, entre outros casos, no exercicio da función de policía cando puidera existir perturbación ou perigo de perturbación da tranquilidade, salubridade ou seguridade cidadá, coa finalidade de restablecelas ou conservalas, de acordo tamén co contido do Decreto 105/2006 polo que se regulan as medidas relativas á prevención de incendios forestais, onde se indica que está prohibido prender fogueiras fóra das zonas habilitadas, agás no caso do día de San Xoán, para o que se precisará autorización previa do Concello.

Tendo en conta a emerxencia sanitaria derivada da pandemia do COVID-19, debido ás diferentes normas que regulan o Estado de Alarma, así como as Ordes do Ministerio de Sanidad SND/414/2020, SND/440/202, SND/445/2020 e SND/458/2020, vémonos na obriga necesaria de PROHIBIR AS LUMEIRADAS DE SAN XOAN NAS PRAIAS DO CONCELLO DE ARES, dado que as medidas de seguridade de obrigado cumprimento derivadas das Ordes do Ministerio de Sanidad e as instrucións da Xunta de Galicia, inclúen medidas preventivas en aras a protexer aos veciños, facultando aos Concellos a tomar as medidas necesarias para evitar o avance da pandemia, por todo elo, DISPOÑO:

- En ningún caso as fogueiras se situarán nas praias do Concello de Ares, así como en ningún lugar público

- Queda prohibida a realización de fogueiras en calqueira tipo de vía pública pavimentada, parques, xardíns ou zonas verdes en xeral

- Así mesmo, queda prohibida a instalación nos lugares anteriormente indicados de calqueira elemento portátil para preparar alimentos no exterior (barbacoas ou similares).

- Lémbrase que as fogueiras que se realicen en propiedades privadas deberán cumprir coas seguintes normas:

- O volume do combustible da fogueira non superará en ningún caso os 3 metros de altura nin os 8 de perímetro.

- A separación da fogueira con respecto de edificios ou árbores será, como mínimo, de 15 metros.

- En ningún caso se situarán as fogueiras debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, nin preto de edificacións, bodegas ou almacéns de ningún tipo.

- Prohíbese expresamente a queima de plásticos, aceites, pneumáticos, espumas de poliuretano, recipientes que conteñan ou puideran conter líquidos ou gases (sprays) aínda que estean baleiros, e, en xeral, calquera outra substancia que poida desprender fume tóxico.

- As fogueiras poderán ser prendidas entre as 20:00 horas do día 23 ata as 01:00 horas do día 24.

- Deberán seguirse as normas de seguridade e hixiene ditadas polas autoridades sanitarias, e en ningún caso superar o límite máximo establecido de grupos de 20 persoas.

-Diante de calquera incidencia deberán informar o máis axiña posible aos servizos de emerxencia, ben a través do teléfono 112, ou ben directamente á Policía Local (629 078 961) ou Protección Civil (696 035 224).

Grazas pola súa colaboración.

Ares, 12 de xuño de 2020
O Alcalde,
Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares