Así loce a Alianza Aresana unha vez rematados os traballos no exterior do edificio
19 Novembro 2020 14:00O proxecto, promovido polo Concello para a súa posta en valor como centro de promoción da cultura e patrimonio indiano, realizouse a través dun convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia para a realización de actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.
O investimento total foi de 32.0701,64 €, e contou cunha subvención de 21.256,07 €.
As intervencións consistiron na mellora da accesibilidade coa creación dunha beirarrúa perimetral de máis anchura e o pintado exterior con impermeabilización da fachada.
Velaquí as imaxes co resultado