Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de xuño de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DEPORTIVAS VERANEAres 2021

ACTIVIDADES 2021 CULTURAIS VERANEAres

XIV CONCURSO DE PINTURA  MANUEL REBÓN 2021

CAMPUS DE VERÁN DE FÚTBOL FUNDACIÓN CELTA BY  CABREIROÁ 2021

Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Comezan as obras de mellora da seguridade vial desde a Cidade Deportiva ata o núcleo de Pedrós
28 Maio 2021 14:00
Comezan as obras de mellora da seguridade vial desde a Cidade Deportiva ata o núcleo de PedrósComezan as obras de mellora da seguridade vial desde a Cidade Deportiva ata o núcleo de PedrósComezan as obras de mellora da seguridade vial desde a Cidade Deportiva ata o núcleo de Pedrós
A execución das obras, cuxo inicio está previsto para a próxima semana, suporá a consecusión dunha senda peonil continua desde o centro urbano de Ares ata o núcleo poblacional de Pedrós, cun itinerario adecuado para a circulación de vehículos e peóns

O Concello de Ares, a través da súa área de Urbanismo, informa do inicio a próxima semana das obras para a mellora da seguridade vial en Pedrós, mediante a construción dunha nova senda peonil dende a Cidade Deportiva ata o núcleo rural de Pedrós, que completarán ás xa realizadas dende o cruce da Avenida Federico García Expósito ás citadas instalacións deportivas.

O importe dos traballos ascende a 120.060,31 euros, sufragados con cargo aos fondos provincias do POS+2020, e que se engaden ao investimento de 122.554,40 euros realizado na primeira fase.

A intervención responde á necesidade de prolongar a seguridade vial a todo o tramo, por tratarse dun vial frecuentemente transitado por peóns e vehículos, xa que ademais de servir de acceso ao humedal da Xunqueira e á cidade deportiva, tamén é utilizado como vía de saída do caso urbano de Ares pola AC-133, ao que se engade o crecemento experimentado polo propio núcleo rural e a súa incorporación como tal ao novo planeamento urbanístico.

A execución do proxecto supón a continuación da senda peonil desde a Cidade Deportiva ata Pedrós pola marxe esquerda nunha lonxitude de 444 metros, coa regularización do vial de xeito que a banda para vehículos alcanzará os 3 metros e o itinerario reservado para peóns contará con 1,8 metros de ancho libre.

Análogamente ao executado na fase anterior, as obras inclúen a instalación dunha nova rede de pluviais, canalizacións da rede eléctrica, retranqueos de postes e pavimentado con riegos asfálticos.

Desde o Concello informan que durante o trascurso das actuacións poderá resultar necesario realizar algúns cortes puntuais no tráfico e na rede xeral de abastecemento, dos cales os veciños e veciñas serán informados coa maior antelación para minimizar as molestias que se poidan ocasionar.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares