Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de xuño de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DEPORTIVAS VERANEAres 2021

ACTIVIDADES 2021 CULTURAIS VERANEAres

XIV CONCURSO DE PINTURA  MANUEL REBÓN 2021

CAMPUS DE VERÁN DE FÚTBOL FUNDACIÓN CELTA BY  CABREIROÁ 2021

Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello de Ares presenta o Campus de Verán de Fútbol Fundación Celta by Cabreiroá 2021
01 xuño 2021 14:00
O Concello de Ares presenta o Campus de Verán de Fútbol Fundación Celta by Cabreiroá 2021O Concello de Ares presenta o Campus de Verán de Fútbol Fundación Celta by Cabreiroá 2021
A iniciativa desenvolverase durante cinco días no mes de xullo, en horario matinal, e está pensada para nenos e nenas entre os 4 e os 16 anos de idade

Un ano máis o Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, presentou o Campus de Fútbol de Verán que a Fundación Celta de Vigo levará a cabo o próximo mes de xullo no campo municipal de Prados Vellos.

Os nenos e nenas de 4 a 16 anos son os destinatarios desta iniciativa que xa nas edicións anteriores contou cun importante éxito de participación e que nesta ocasión desenvolverase entre os días 19 e 23 de xullo, en horario matinal.

Cada participante recibirá unha equipación completa de adestramento da marca Adidas e poderá disfrutar durante cinco días nos que mellorar o seu nivel futbolístico e convivir con outros nenos e nenas da súa idade.

Na presentación, os organizadores explicaron a metodoloxía de adestramento, de forma que en cada xornada as/os nenos dividiranse en grupos e os monitores, procedentes do club olívico e con ampla experiencia na formación deportiva, realizando diversos xogos nos que combinar a aprendizaxe dos aspectos técnicos sen perder de vista o carácter lúdico.

O campus se llevará a cabo desde as 9:45 ata as 13:45. Entre as 9:30 e as 9:45 se levarán a cabo os protocolos de entrada e entre as 13:45 e las 14:00 se levarán a cabo os protocolos de saída.

O prezo é de 132 euros para o público en xeral, establecéndose descontos para diversas categorías, que poderán consultarse na dirección www.rccelta.es , onde tamén formalizar a inscripción. No caso dos empadroados/as en Ares, xogadores das categorías inferiores do Numancia, e aboados do Celta de Vigo e/ou a Fundación o prezo é de 119 euros. No caso das inscricións efectuadas antes do 4 de xuño recibirán a maiores unha segunda camiseta de adestramento.

A presentación celebrada esta mañá no consistorio aresán, na que estiveron presentes a concelleira de Deportes, Noelia Montero, o Presidente da Fundación do Celta de Vigo, Germán Arteta, así como a Presidenta do Numancia ADR, Elena Fuentes, e o Delegado da Federación Galega de Fútbol en Ferrol Abraham Yáñez, colaboradores todos eles nesta edición do Campus, serviu para dar conta de todos estes detalles, ademais do obxectivo principal da iniciativa que, tal e como sinalaron os seus responsables, pretende achegar os valores do deporte á sociedade, tales como a superación, o traballo en equipo, o compañeirismo ou a creatividade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares