Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 24 de Setembro de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DEPORTIVAS VERANEAres 2021

ACTIVIDADES 2021 CULTURAIS VERANEAres

XIV CONCURSO DE PINTURA  MANUEL REBÓN 2021

Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares, Cabanas, Mugardos e Fene anuncian a concesión do obradoiro de emprego Reinicia VIII
10 Setembro 2021 15:00
Ares, Cabanas, Mugardos e Fene anuncian a concesión do obradoiro de emprego Reinicia VIII
O conxunto de concellos recibirán unha liña de subvención por un valor aproximado de 350.000 euros para a próxima edición do programa.

Contará con 10 prazas formativas en Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e outras 10 en Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

O Concello de Ares, xunto con Mugardos, Cabanas e Fene, recibiron no día de hoxe a concesión da nova convocatoria do obradoiro de emprego dual “Reinicia”, coa que será a oitava edición deste programa destinado a mellorar a empregabilidade das persoas participantes. O Reinicia VIII repetirá número de prazas dispoñibles, con 10 para a atención sociosanitaria a persoas no domicilio e outras 10 sobre actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

A programación comezará o 15 de outubro de este ano e extenderase ata o 14 de xullo de 2022, partindo dun orzamento aproximado de 350.000 euros. Coma acontece no anterior obradoiro, tamén se contemplan subvencións á contratación por valor de 7.500 euros para aquelas empresas que decidan incorporar a algún dos alumnos-traballadores do Reinicia VIII.

Para poder inscribirse no programa, é necesario atoparse en situación de desemprego, ser maior de 18 anos e estar empadroado ou empadroada nalgún dos concellos promotores. Así mesmo, tamén se precisará ter inscrición como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG), a quen se lle solicitará un listado de potenciais participantes que cumpran cos perfís aos que se dirixe a formación.

De feito, é esencial que os interesados estean anotados cos códigos de referencia para as especialidades do obradoiro: SSCS0108 para a Atención sociosanitaria a persoas no domicilio e AGAR0309 para as Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. O proceso de inscrición neste obradoiro arrancará as próximas semanas.

Tras a selección, o Reinicia VIII proporcionará durante 9 meses sesións de capacitación teórica e práctica en entornos reais de traballo, amais de contratos de formación e aprendizaxe en empresas, habilitando períodos de prácticas finais, e a obtención do certificado de profesionalidade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares