Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 24 de Setembro de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES DEPORTIVAS VERANEAres 2021

ACTIVIDADES 2021 CULTURAIS VERANEAres

XIV CONCURSO DE PINTURA  MANUEL REBÓN 2021

Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A pintora ponferradina Regina Borón gaña o XIV Concurso de Pintura Manuel Rebón
14 Setembro 2021 13:00
A pintora ponferradina Regina Borón gaña o XIV Concurso de Pintura Manuel RebónA pintora ponferradina Regina Borón gaña o XIV Concurso de Pintura Manuel RebónA pintora ponferradina Regina Borón gaña o XIV Concurso de Pintura Manuel RebónA pintora ponferradina Regina Borón gaña o XIV Concurso de Pintura Manuel Rebón
Francisca Muíños obtivo o primeiro premio coma mellor artista local e Lola Saavedra e Bernabé Fernández, de A Coruña e Oviedo, recibiron os accésits.

O CIRS Cervás acollerá dende mañá, mércores 15 de setembro, unha mostra cos 26 cadros presentados no certame.

A concelleira de Cultura da localidade, Alma Barrón, anunciou esta mañá os resultados do XIV Concurso de Pintura Manuel Rebón, tras as deliberacións do xurado durante a tarde de onte. Nesta edición, Carlos Barcón, pintor, membro da Academia de Belas Artes de Galicia e promotor-fundador da Sociedade Artística Ferrolá (SAF); Paula Aneiros, licenciada en Belas Artes e pintora mugardesa e Blanca Escrigas, ilustradora, pintora e xestora cultural, decidiron outorgar o primeiro premio –valorado en 1.500 euros– á pintora ponferradina Regina Borón, coa súa obra “Baja Mar”.

Na categoría de composicións locais, o premio de 600 euros foi para a composición “Bailarina” realizada por Francisca Muíños e tamén se concederon dous accésits ás obras “Ría” do ovetense Bernabé Fernández e “El secreto de las vasijas” da coruñesa Lola Saavedra.

Nesta nova convocatoria do certame, o número total de obras presentadas elevouse ás 26, accesibles no seu conxunto a partir de mañá nas instalacións do CIRS Cervás baixo un horario de luns a domingo, de 12.00 a 15.00 e 19.00 a 21.00 horas, a excepción dos martes, que permanecerá pechado. A organización do evento finalizará o 25 de setembro, coa clausura de toda a exposición e a entrega dos premios e accésits aos seleccionados.

Desta maneira, o concurso de pintura, retomado tras o parón realizado por mor da covid-19 e cun incremento nas contías outorgadas, mantén a súa esencia: a vinculación coa contorna de Cervás e a lembranza de Manuel Rebón, veciño aresán chave na actividade cotián do CIRS e tamén un destacado afeccionado á pintura.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares