Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Octubre de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares programa un novo obradoiro de memoria activa
14 Setembro 2021 14:00
Ares programa un novo obradoiro de memoria activa
A Concellaría de Benestar e Igualdade, en colaboración con AFAL Ferrolterra, organizará sesións para mellorar a capacidade de retención e reducir a ansiedade que produce a perda cognitiva.

O prazo de inscrición abrirá mañá, 15 de setembro, ata o xoves, 30 deste mes.

O Concello de Ares, a través da súa área de Benestar e Igualdade, vén de informar da posta en marcha dos obradoiros de memoria activa, coa colaboración da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias, AFAL Ferrolterra. O prazo de inscrición desta programación abrirá mañá, 15 de setembro, ata o 30 deste mes, para todas aquelas persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello de Ares.

O obradoiro, cun orzamento procedente das arcas municipais próximo ós 3.000 euros, levarase a cabo durante os próximos 8 meses, dende outubro ata maio, e estará composto por un conxunto de actividades relacionas coa perda de memoria; tamén proporcionará mecanismos de retención e mellora do rendimento cognitivo dos participantes, amais de información sobre cales son as principales dificultades que se presentan en relación coa concentración e os recordos durante o envellecemento.

Entre os seus principales obxectivos, segundo a información proporcionada por AFAL Ferrolterra, está o de reducir a ansiedade que produce a propia percepción da perda da memoria, pero tamén comprender os mecanismos básicos do seu funcionamento e mellorar a capacidade de lembranza. En esencia, búscase que a programación establecida redunde positivamente nos niveles de autoestima e autoconfianza dos e das participantes, ao entender que as dificultades da memoria son comúns dentro do desenvolvemento das persoas maiores.

Para garantir a hixiene e seguridade sanitarias, os obradoiros dividiranse en grupos de seis persoas, distribuidos en sesións semanais de hora e media de duración na contorna de Ares, Cervás-Chanteiro e Redes.

Segundo lembra a Concellaría de Benestar e Igualdade, a actividade é totalmente de balde, puidendo formalizar a inscrición presentándose no edificio de Servicios Sociais de Ares. Para máis información, tamén está dispoñible o teléfono 981 468 354.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares