Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 16 de Octubre de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares conmemora o Día Mundial do Alzhéimer 2021
21 Setembro 2021 14:00
Ares conmemora o Día Mundial do Alzhéimer 2021Ares conmemora o Día Mundial do Alzhéimer 2021
A casa consistorial iluminouse de morado durante a madrugada pasada, e tamén o fará nesta noite para sumarse á celebración e apoiar a súa reivindicación.

O alcalde, Julio Iglesias, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, aproveitaron a ocasión para manter unha reunión de traballo co presidente de AFAL Ferrolterra, Francisco Pantín, e o seu xerente, José Otero.

O consistorio de Ares amosa nova iluminación nestas últimas xornadas: a pasada madrugada proxectouse a cor morada nas súas instalacións, e tamén se iluminará na noite de hoxe para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer 2021, unha data que se celebra ao longo deste martes, 21 de setembro, e que pon o seu acento na importancia do diagnóstico precoz; un punto de partida básico para chegar a tempo á detección dos casos e á posta en marcha de procesos de intervención terapéutica.

Aproveitando a proximidade do evento, o alcalde da localidade, Julio Iglesias, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, reuníronse onte coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias, AFAL Ferrolterra, para examinar a situación actual do convenio e valorar a xestión das actividades da asociación na contorna municipal. Así, Francisco Pantín, presidente da asociación, e o seu xerente José Otero visitaron xunto cos representantes municipais as instalacións do Centro de Maiores de Ares, un dos espazos principais nos que levan a cabo as súas actividades e programacións nos últimos anos.

No Centro de Maiores, Pantín analizou a situación actual das demencias, co gallo do Día Mundial do Alzhéimer: “é fundamental acceder e diagnosticar ás persoas en estados iniciais da enfermidade. Canto antes se detecte, moitísimo mellor. De feito, a xente que vén aos nosos centros en estados iniciais pode manter ou prolongar a súa autonomía durante moito máis tempo”.

“Esta enfermidade é a pandemia do século XXI. Non temos terapias adecuadas a nivel farmacolóxico, e por iso é fundamental e só funciona a estimulación cognitiva”, expón Pantín. Neste sentido, a aplicación dos obradoiros de memoria activa e os vínculos existentes entre AFAL e o concello resultan claves para dar resposta ás problemáticas dos veciños e veciñas.

“Os concellos levamos moitos anos aplicando o principio de subsidiaridade: debemos implicarnos e solucionar as necesidades da veciñanza que non resolven outras administracións”, declarou Julio Iglesias, aludindo tamén a que existe un dobre problema “sanitario e competencial, pois a resposta debera proceder de quen ten a competencia no eido sanitario”.

As conexións entre AFAL Ferrolterra e Ares

De cara a proporcionar un servizo próximo á veciñanza afectada, AFAL Ferrolterra achegou as súas actividades ás contornas municipais, aproveitando as sinerxias cos concellos. En 2015, iniciou unha política de descentralización que xerminou, entre outras cousas, na instalación dunha unidade permanente de atención en Ares, o Servizo Específico de Estimulación Terapéutica de Alzhéimer e outras Demencias (S.E.E.T.A.) no 2019. O servizo pretende mellorar a intervención ás persoas afectadas por esta enfermidade en fases iniciais e moderadas, para traballar coas actividades da vida diaria e evitar a aparición de moitas limitacións no desenvolvemento cotián.

O alcalde do municipio tamén valorou durante a reunión a posta en marcha do S.E.E.T.A. e a relación con AFAL en Ares, que realiza dende o 2016 obradoiros e intervencións de estimulación e mellora cognitivas: “no seu momento iniciamos a construción do centro de día en colaboración coa Xunta de Galicia, e entendemos que isto é unha continuación da aposta por uns servizos de proximidade importantes. Pero non se explicaría a nosa actuación sen a man de AFAL e os seus profesionais. Temos que aproveitar o camiño que xa percorreron e toda a súa experiencia”.

O presidente de AFAL, Francisco Pantín, salientou que “Ares se converteu no noso centro piloto, e serve tamén para presentalo a outros concellos e implementar este tipo de proxectos”. Finalmente, Julio Iglesias fixo fincapé na importancia de “xerar unha estrutura” entre concellos e asociacións que “ó final oxalá sexa absorbida pola administración sanitaria” para o tratamento desta tipoloxía de enfermidades.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares