Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 16 de Octubre de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello reclama á empresa UTE Hércules Norte que cumpra coas prestacións establecidas na súa propia programación horaria
22 Setembro 2021 13:00
O Concello reclama á empresa UTE Hércules Norte que cumpra coas prestacións establecidas na súa propia programación horaria
O organismo municipal vén de presentar unha queixa ante o Servizo de Mobilidade da Xunta de Galicia por mor das deficiencias no transporte público, que afectan a alumnado do IES de Mugardos e que continúan sen solución óptima.

Nos días 15 e 16 de setembro, a empresa non proporcionou o servizo exposto na súa páxina web e obrigou ao alumnado do instituto a empregar taxis ou vehículos particulares para achegarse ó centro educativo

O Concello de Ares remitiu a semana pasada un escrito ó Servizo de Mobilidade da Xunta de Galicia denunciando as deficiencias do servizo proporcionado pola empresa UTE Hércules Norte nos días 15 e 16 de setembro, nas liñas que conectan ó estudantado do municipio co IES de Mugardos. En ambas xornadas, o alumnado de Chanteiro non tivo servizo de autobús para acudir ó centro educativo, véndose obrigados a empregar taxis ou vehículos particulares, a pesar de que se atopaban na parada ás horas correspondentes segundo a información obtida da páxina web www.monbus.es.

Ante estas deficiencias que inflúen no acceso dos alumnos e alumnas ó instituto, o Concello informou á Consellería de Infraestrutura e Mobilidade dos problemas no cumprimento das liñas de transporte público publicadas e aprobadas, co prexuízo que causa a familiares e alumnado.

Tras a comprobación por parte do Servizo de Mobilidade da situación actual das liñas e servizos establecidos, e despois da comunicación de que “a incidencia xa debería estar resolta”, a empresa UTE Hércules Norte continúa a incumprir cos seus horarios e programacións, desatendendo as necesidades do alumnado que precisa trasladarse ata o seu centro educativo dentro dun marxe temporal razoable.

Neste sentido, a liña afectada O Seixo-Pontedeume, que ten hora aproximada de paso por Chanteiro ás 07:58 horas, realiza o seu traxecto entre as 7.40 e 7.45, aumentando os tempos e duracións dos transbordos que o estudantado debe facer na localidade de Ares ás 08:25 horas; a liña de UTE Hércules Norte, polo tanto, mantén estas deficiencias no servizo prestado, a pesar de recibir a oportuna reclamación das mesmas e ser consciente dos contratempos que se ocasionan ó alumnado.

Por todo o exposto, o Concello demanda unha adecuación realista das liñas ós tempos establecidos na programación horaria de UTE Hércules Norte, máis aínda tendo en conta que afecta á accesibilidade de rapaces e rapazas ós seus centros de ensino, e unha atención axeitada das necesidades existentes.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares