Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Octubre de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello organiza o V Concurso de Fotografía Xuvenil
24 Setembro 2021 16:09
O Concello organiza o V Concurso de Fotografía XuvenilO Concello organiza o V Concurso de Fotografía XuvenilO Concello organiza o V Concurso de Fotografía Xuvenil
O certame busca incentivar á xuventude a mirar a contorna local para atopar, a través dos espazos e a imaxe, conexións coa memoria colectiva de Ares e a súa propia identidade persoal.

O próximo 27 de setembro abrirá ás 09.00 horas o prazo de presentación de obras, que se estenderá ata o 18 de outubro ás 20.00.

A Concellaría de Cultura vén de informar na mañá de hoxe da publicación das bases do “V Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares”, unha iniciativa que pon o acento na poboación máis nova da localidade para vinculala coa súa contorna. A herdanza e a memoria colectiva cobran especial relevancia nos obxectivos do concurso, ao convidar á xuventude a recoñecer e atopar ambos conceptos no seu contexto, nas paisaxes aresáns ou nos espazos e obxectos que forman parte das súas identidades persoais.

Así, a xente nova de entre 8 a 18 anos empadroada en Ares ou que sexa alumnado do CPI As Mirandas poderá presentar as súas obras entre o próximo luns, 27 de setembro ás 09.00 horas e o 18 de outubro ás 20.00, vía correo electrónico (concursofotografia@concellodeares.com), incluíndo os formularios de participación e de identificación xa cubertos. Segundo se recolle nas bases, haberá un máximo de dúas fotografías por participante, as instantáneas non poderán ser editadas ou melloradas e terán que ser orixinais (tomadas ao longo do 2021 e non publicadas con anterioridade), entre outros requisitos.

No certame, estableceranse dúas categorías de participación, unha de 8 a 12 anos e outra de 13 a 18, e seleccionaranse 3 fotografías por cada unha delas. En ambas haberá un primeiro premio de carácter tecnolóxico (un IPad ou cámara de fotos) e un segundo e terceiro premios con lotes de libros. De igual maneira, as fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario de 2022 do Concello, repartido por todo o municipio, sempre identificadas coas súas autorías.

Toda a información sobre o concurso, incluídas as bases detalladas e os formularios de participación e de identificación das fotografías, atópanse accesibles na páxina web municipal (www.concellodeares.com). A maiores, está dispoñible o número 981 448 057 para solventar as posibles dúbidas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares