Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 19 de Octubre de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Praza da Constitución acollerá o peche do festival Ares Innova 2021
07 Octubre 2021 12:00
A Praza da Constitución acollerá o peche do festival Ares Innova 2021A Praza da Constitución acollerá o peche do festival Ares Innova 2021A Praza da Constitución acollerá o peche do festival Ares Innova 2021
O sábado, 9 de outubro, será o último día do evento, no que se desenvolverán actividades abertas á cidadanía coma faladoiros públicos, obradoiros para o público familiar e charlas inspiradoras.

Julio Iglesias, alcalde de Ares, e Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, intervendrán na súa apertura oficial.

O próximo sábado, a Praza da Constitución da vila vivirá a última xornada do Ares Innova 2021, un festival de innovación social para reflexionar, debater e planificar proxectos futuros que afronten os retos medioambientais e económicos do momento, promovido pola Xunta e coa colaboración do Concello de Ares, a Fundación Gabeiras e a Fundación Didac.

O 9 de outubro será a quenda das actividades máis abertas ó público, con faladoiros para dialogar coa veciñanza, a presentación do proxecto das residencias creativas RuralLab e charlas inspiradoras sobre a innovación e a visión do rural coma unha oportunidade. Haberá unha inauguración oficial da xornada, coa intervención de Julio Iglesias, alcalde de Ares, e Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación.

Dende a organización tamén destacan os diferentes obradoiros para todas as idades que conxugan arte, ciencia mariña e tecnoloxías abertas: haberá un brazo robótico que funciona con neurotecnoloxía, unha consola con pilas recicladas e actividades relacionadas coa construción de novos produtos con lixo mariño, axudados de microrrobots.

Desta maneira, o Ares Innova 2021 pon fin á súa programación tras tres xornadas repartidas nas dúas últimas fins de semana nas que se analizou a posibilidade de crear e consolidar proxectos innovadores na contorna de Ares. O municipio converteuse nun espazo de diálogo entre os deseñadores estratéxicos, os expertos en innovación e as asociacións locais para pensar colectivamente procesos de desenvolvemento sustentable que poidan servir de referencia para outras localidades galegas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares