Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 28 de Novembro de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
MERCAres 2021

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello adxudica a mellora da rede de abastecemento do casco urbano de Ares
15 Octubre 2021 13:00
O Concello adxudica a mellora da rede de abastecemento do casco urbano de Ares
Trátase dunha importante actuación cun orzamento próximo ao medio millón de euros e que afectará a 24 rúas e avenidas da vila.

Os traballos centraranse en substituír a actual rede de tubaxes por unha nova que garanta un servizo óptimo e de calidade á veciñanza.

A área de Urbanismo vén de informar da adxudicación dos traballos de mellora da rede de abastecemento no casco urbano de Ares; unha actuación fundamental para substituír e renovar a actual rede por unha nova que acade
un servizo de auga potable óptimo. Terá un orzamento de 493.321 euros, impostos incluídos, con cargo ás arcas municipais e un prazo de execución de tres meses dende o seu inicio, que se efectuará nos próximos meses.

Segundo o proxecto técnico, acometerase unha mellora das tubaxes de fibrocemento existentes ata o de agora en 24 rúas e avenidas da vila de Ares, un trazado con complexidade pola gran presenza de servizos urbanos. Realizarase unha demolición e levantado do firme existente ata o de agora para introducir as novas canalizacións; instalaranse as tubaxes de polietileno en substitución da rede antiga, variando o seu tamaño en función dos condicionantes de cada rúa e, finalmente, reporase o firme afectado tras a instalación da rede de abastecemento.

Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, contextualizou a importancia da obra recentemente adxudicada: “a renovación de tubaxes é fundamental para poñer en marcha os futuros depósitos de Simou sen ter problemas de perdas de auga nin de presión. Con esta intervención, xunto coa futura construción dos depósitos, poderemos solventar os problemas de abastecemento en todo o termo municipal, sobre todo nos meses estivais”.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares