Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 28 de Novembro de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
MERCAres 2021

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Oficina de Turismo de Ares atendeu a 657 persoas nos últimos tres meses
15 Octubre 2021 14:24
A Oficina de Turismo de Ares atendeu a 657 persoas nos últimos tres mesesA Oficina de Turismo de Ares atendeu a 657 persoas nos últimos tres mesesA Oficina de Turismo de Ares atendeu a 657 persoas nos últimos tres meses
As cifras reflicten un aumento de visitantes próximo ao 40 % en comparación cos datos do verán pasado, consolidando o proceso de recuperación turística da localidade.

Das visitas rexistradas pola oficina, o 36 % procedía doutras partes de Galicia e o 25 % de Madrid, continuando coa tendencia acadada en anteriores anos.

A Oficina de Información e Turismo de Ares comunicou esta mesma semana os datos de visitantes que se achegaron ás súas instalacións para interesarse polas actividades e a oferta turística estival do municipio. Atendéronse, ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro, a 657 persoas, un dato que mellora a situación do ano pasado e permite falar dunha recuperación no eido turístico local. De maneira detallada, xullo tivo un total de 321 consultas por parte dos visitantes, namentres que agosto, 328 e setembro, 89.

En comparativa co ano pasado, e aínda sen dispoñer dos últimos datos pertencentes ao mes de outubro, as actuais cifras certifican un incremento de consultas dun 40 %. Poñéndoo en contexto, no verán de 2020 a oficina de turismo rexistrou 395 visitantes, fronte ós 657 actuais, nun período de tempo maior que abarcou dende xullo ata outubro inclusive.

Na actualidade, as cifras melloran a panorámica do 2020, moi influenciada polos condicionantes sociosanitarios do seu tempo, e inician un proceso de recuperación turística para achegarse a afluencia de consultas dos niveis previos á crise pandémica: en 2019, rexistráronse 954 turistas nas oficinas locais nos seus catro meses de actividade.

No relativo ó perfil dos visitantes, mantéñense as tendencias que identifican ó tecido turístico aresán: falamos de persoas nacionais cun claro perfil familiar –adoitan valorar a comodidade da praia e as posibilidades de convivencia coa infancia– e con procedencias específicas que se repiten dende os últimos anos. Así, das visitas rexistradas pola oficina, o 36 % procedía doutras partes de Galicia, un 25 % de Madrid e un 7 % de País Vasco.

ACTIVIDADES DESTACADAS

No informe da oficina, destacan a boa acollida do barco turístico pola ría M. Presas, “unha das actividades máis demandadas ao longo de todo o verán” e que aglutinou o 24 % das consultas recibidas na oficina. Tamén se realizaron consultas sobre a propia contorna de Ares (un 18 % do total), e sobre as sendas deportivas establecidas ata o de agora baixo o selo de Ares Verde, cun 12 % das consultas totais.

A maiores, este ano e coma principal novidade, promovéronse as visitas guiadas ao Mosteiro de Santa Catalina todos os xoves, en horario de mañá e de tarde, polas propias técnicas do servizo turístico; unha iniciativa que pretendía complementar a oferta divulgativa que realizan dende a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina e que rexistrou, nos nove xoves do 22 de xullo ao 16 de setembro, unhas 92 visitas.

Nese senso, a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, fixo fincapé na “acollida positiva da divulgación do noso patrimonio” non só polos turistas de Ares, senón tamén pola propia veciñanza. “Para nós é fundamental dar a coñecer a historia e a riqueza dos nosos espazos turísticos, pero tamén fomentar a creación de coñecemento arredor deles”, salientou a edil, aludindo de igual maneira á recente publicación dun estudo histórico e recreación visual dun dos elementos do Mosteiro de Santa Catalina: a desaparecida portada gótica.

Sobre a situación turística actual, Blanco calificou de “boa nova” tanto para Ares coma para o xeodestino de Ferrolterra-Rías Altas que se estea xa no camiño da recuperación dos niveis precovid-19. “De cara a próximas campañas, continuaremos coa nosa idea de facer a oferta turística o máis transversal posible, máis tendo en conta o éxito de iniciativas como o Ares Indiano, BicicletAres ou as rutas de sendeirismo, que conectan a área de Turismo coa de Cultura ou Deportes”, concluíu a concelleira.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares