12 Agosto 2019Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol
Convocatoria para a selección de persoal funcionario interino. Técnico/a de cooperativismo
ANUNCIO
Anuncio de convocatoria e publicación de bases especificas para a selección de persoal funcionario interino, Técnico/a de Cooperativismo, polo procedemento de concurso-oposición
O día 24/07/2019 a Presidencia desta Mancomunidade aprobou as seguintes bases específicas que rexerán a convocatoria para a provisión con carácter interino e polo procedemento de concurso-oposición dun Técnico/a de Cooperativismo.
A presentación de instancias farase no prazo de 8 días hábiles a partir do seguinte á publicación deste anuncio no BOP da Coruña.
“Bases de selección para o nomeamento dun/dunha funcionario/a interino, Grupo A2, Subgrupo A2, Escala de Administración Especial, Subescala Técnica Media, denominación Técnico/a de Cooperativismo.
1. Obxecto da convocatoria.
A provisión interina, polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, dunha (1) praza de Técnico/a de Cooperativismo integrada na Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, clase Técnicos Medios, pertencente ao grupo de clasificación A, subgrupo A2, consonte ao artigo 10.1 c) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (en adiante TREBEP).
As retribucións serán as correspondentes ao grupo de clasificación de funcionarios A, subgrupo A2.
BASES en pdf