Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 06 de Decembro de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2021/2022

CAMPAÑA DE NEVE 2022 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

MERCAres 2021

O valor do noso mercado

PRESENTACIÓN DO ESTUDO HISTÓRICO E DA ILUSTRACIÓN DA PORTADA GÓTICA DE SANTA CATARINA DE MONTEFARO

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Actualidade CoronaVirus

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


@ dixital
Convocatorias
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS, ESCOLAS DEPORTIVAS CONVENIADAS e OUTRAS ACTIVIDADES
20 Setembro 2021

ESCOLAS DEPORTIVAS 2021-2022

PILATES (+14 anos):
No pavillón deportivo municipal. Sala anexa ximnasio
Polas mañás: martes e xoves de 09:30h a 10:30h
Polo serán : Martes e xoves de 20:00h a 21:00h
Taxa: 19,52 €

IOGA 1 (+14 anos):
No antigo Centro de maiores
Lúns e mércores de 11:00h a 12:30h
Taxa: 22,23 €

IOGA 2 (+14 anos):
No antigo Centro de Maiores
Lúns e Mércores : Grupo 1 19:30h a 20:30h
Grupo 2: 20:30h a 21:30h
Taxa: 19,52 €

PILATES CHANTEIRO (+16 anos):
No Centro Cultural Outeiro de Chanteiro
Lúns e mércores : Grupo 1: 17:30h a 18:30h
Grupo 2: 18:30h a 19:30h
Taxa: 17,78 €

XIMNASIA CAAMOUCO (+16 anos)
Na Agrupación Instructiva de Caamouco
Martes de 19:30h a 20:30h e xoves de 20:00h a 21:00h
Taxa: 17,78 €

XIMNASIA CERVÁS (+16 anos):
Nas instalacións da Ganadeira de Cervás
Martes 18:00h a 19:00h e xoves de 18:30h a 19:30h
Taxa: 17,78 €

TENIS (+6 anos):
No pavillón deportivo municipal Pista do pavillón.
Martes ou xoves de 18:30h a 20:00h
Taxa: 11,85 €

MINIBALONCESTO (6 a 16 anos):
No pavillón deportivo municipal
Martes e xoves de 16:30h a 17:30h
Taxa: 11,85 €

ZUMBA 1 E 2 (+14 anos):
No pavillón deportivo municipal. Pista do pavillón.
Grupo1: Lus e Mércores de 20:00h a 21:00h
Grupo 2: Martes e Xoves de 20:30h a 21:30h
Taxa: 19,52 €

ESCOLA CONVENIADA “ESCOLA FERROLÀ DE XADREZ”
(TODAS AS IDADES A PARTIR DE 4 ANOS):
Na Casa da Xuventude
Mércores de 17:30h a 18:30h
Taxa: 19,52 €

TONIFICACIÓN (+14 anos):
No pavillón deportivo municipal Sala de usos Multiples
Lus e Mércores de 09:30h a 10:30h
Taxa: 19,52 €

XOGOS E PREDEPORTE CERVÁS (De 5 a 9 anos):
Nas instalacións da Ganadeira de Cervás
Mércores de 16:30h a 18:00h
Taxa: 11,85 €

ESCOLA CONVENIADA DE XIMNASIA RÍTMICA CLUB ESQUÍO (+4 anos)
Na pavillón desportivo municipal.
Venres de 16:30h a 18:30h
Taxa: 11,85 €

ESCOLA CONVENIADA DE TENIS MESA CIDADE DE NARÓN
Na pavillón desportivo municipal.
Mércores: Primaria 16:30h a 18:30h.
Secundaria e Adultos: 18:30h a 20:30h
Taxa: Menores: 11,85 € / Adultos 19,52€

ESCOLA CONVENIADA DE VELA LIXEIRA C. N. DE ARES
No club naútico
Sábado de 10:00h a 13:30h (adultos) de 15:30h a 18:30h (menores)
SABER NADAR
Taxa: Menores: 14:82 € / Adultos 12,23€ (sen matricula, obrigatório federarse)

ESCOLA CONVENIADA DE VOLEIBOL CV NARÓN
Na pavillón desportivo municipal.
Sábdos 11:00 h a 13:00h.
Taxa: 11,85€

ESCOLA CONVENIADA DE INICIACIÓN AO HOCKEI A PATÍNS ASOCIACIÓN TERRA HOKEI:
Na pista exterior do CPI As Mirandas.
Martes de 17:30 a 18:30 / Xoves de 16:30 a 18:30h
Taxa: 14,82 €

** OUTRAS ESCOLAS OU ACTIVIDADES
NON MUNICIPAIS

ESCOLA CLUB REMO DE ARES:
Por semana a partir das 16:00h, no club de remo de Ares
Para nen@s a partir de 9 anos.
Máis info do club 699453195

ESCOLA CLUB LOITA ARES TOP GYM:
De lúns a sábados, polo serán, no Casino Aresano.
Para nenos e adultos: Jiu jitsu, kickboxing, defensa persoal
Máis información no telefono: 683294422

ESCOLA DE FÚTBOL 8 NUMANCIA ADR:
No pavillón desportivo e no campo de fútbol municipal Prad
Máis información do club 981 448 121 ou 619990250 e na sua web www.numanciadeares.es

ESCOLA DE ATLETISMO PAULA MAYOBRE:
3-6 anos: Luns de 18 a 19h +7 anos: Luns de 19h a 20h e venres 18:30h a 19:30h. Máis info: 659258308 / 660302889
eMail: escuelapaulamayobre@gmail.com

ESCOLA DE KAIAK E PADELSURF CLUB MARÍTIMO DE REDES
No C. Marítimo de Redes. Sábados de 11:00h a 13:00h
Taxa: Menores 15 € / Adultos 25€

NORMAS FUNCIONAMENTO

Todas as cuestións relacionadas co funcionamento das Escolas (suxestións, queixas…) tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnica/os Municipais da área correspondente a través do teléfono, correo electrónico ou cita previa.
 
Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia prevista.

No caso de non acharse ben ou ter febre non deberán acudir ás actividades, avisando de tal circunstancia no telefono do pavillón 981468562.
 
As/os usuarios/as do Ximnasio Municipal disporán dun carné que permitirá o acceso á sala e que se amosará na conserxería do Pavillón antes do acceso ao recinto.
 
O abono das mensualidades efectuarase por domiciliación bancaria (os recibos emitiranse entre o 1 e o 10 de cada mes) ou por transferencia bancaria na conta de ABANCA ES75 2080 0211 6131 1000 0055. As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática na Escola. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa nunha escola haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso, para evitar problemas ca xestión dos pagamentos. Por esa razón, as devolucións dos recibos supoñen un custe que será aboado polo/a usuario/a que o xenere.
 
Aqueles usuarios/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha escola do curso anterior, deberán efectuar o seu pago. O incumprimento desta norma anula o dereito a inscrición na presente edición.

As escolas interrompirán o seu funcionamento nos períodos de vacacións escolares así como nas datas sinaladas no calendario como festivas.
 
É responsabilidade de cada usuario/a a aptitude física necesaria para participar nas actividades convocadas, polo que o Concello de Ares non se fará cargo de ningún dano físico ou moral que poida derivarse da participación nas mesmas.
 
O Concello resérvase o dereito de anular unha actividade por non ter o número suficiente de participantes (estímarase un mínimo según a actividade e o espazo da mesma) para que dea comezo e/ou continúe unha Escola ) e de facer todas as modificacións que estime oportunas, para o bo funcionamento das mesmas.
 
Para máis información e inscricións pasarse polas dependências administrativas do Pavillón Deportivo Municipal de Ares ou contactar a través do correo electrónico: pavillonares@sedega.com

INSCRICIÓNS

ESCOLAS DEPORTIVAS 2021-2022: Do 1 de outubro ao 31 de maio de 2022.

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
1. En liña a través da web municipal do Concello de Ares
WEB: www.concellodeares.com
2. No Pavillón Deportivo Municipal, de luns a venres, en horario de 9,30 a 12 horas e de 17 a 20,30 horas.
EMPADROAD@S: Do 20 de setembro en adiante ata completar grupos.
NON EMPADROAD@S: Do 24 de setembro en adiante, ata completar grupos.

PAGO DE MATRÍCULA E MES DE OUTUBRO:
Do 1 ao 15 de outubro, ambos inclusive nas Escolas que dean comezo., no horario arriba indicado.

DURACIÓN DAS ESCOLAS:
De outubro de 2021 a maio de 2022.

DOCUMENTOS:
1. Formulario de inscrición en liña.
2. Formulario de inscrición., fotocopia do DNI ou da páxina do libro de familia., e cubrir formulario de domiciliación bancaria.

PREZO DE MATRICULA:
9,57 € empadroad@s en Ares
17,93 € non empadroad@s
(Na actividade de vela non haberá matrícula pois será preciso federarse para tomar parte na Escola)

DESCONTOS E EXENCIÓNS DE COTAS:
3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar; 50% na matrícula + 50% na cuota da escola de menor importe.
Familia numerosa: 50% na matrícula + 50% en todas as escolas.
Familias carentes de recursos económicos (previa comprobación polos Servizos Sociais municipais) De balde.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN:
https://forms.gle/QztHYwCwBuAAaqFj6


FOLLETO en pdf


 Ampliar foto
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares